Videos

Diario Cultural Especial no Curtocircuíto

Edición especial, a cargo de Belén Regueira Vituco Neira, dende a 18ª edición do festival Curtocircuíto e emitido dende a rúa Nova de Santiago, ao pé do Teatro Principal, a sede principal das proxeccións de Curtocircuíto; de cinco a seis da tarde.

Acompañáronnos Brais Romero, un dos coordinadores de programación de Curtocircuíto e tamén unha das fundadoras do festival, Gael Herrera, produtora do documental ‘No somos nada’, sobre o grupo La Polla Records; conversamos con Eloy Domínguez SerénXacio Baño Antía Carreira, tres dos directores que presentan pezas na sección ‘Planeta GZ‘; con Enar de Dios, protagonista da sección Terra, e con Bandia Ribeira, fotógrafa que realiza unha residencia artística sobre a imaxe de Santiago durante o festival. Tamén contamos coa presenza do músico Alberto Cernadas, que actúa este mércores co seu proxecto CRNDS, e coa cantareira Fransy González, dentro da programación do festival.

Lodeiro, a xeometría inexacta

Coincidindo co XXV aniversario do pasamento de Xosé Telmo Lodeiro, ten lugar na Fundación Laxeiro a exposición “Lodeiro, a xeometría inexacta”, que se poderá visitar ata o 16 de xaneiro e da que falamos con Javier Pérez Buján, comisario da exposición.

Nova Galega de Danza opta a dous Premios Max

A montaxe ‘Leira‘ opta ós galardóns a mellor espectáculo de danza e mellor intérprete masculino de danza. Falamos con Jaime Pablo Díaz, director de ‘Leira’ e co bailarín Iván Villar, horas antes da entrega dos premios Max no Teatro Arriaga de Bilbao. 

Somerxémonos nos poemas de Lorena Conde n”As puntas da louza’

Lorena Conde fai, neste Cancioneiro popular de labor, unha homenaxe ás mans dos traballadores publicada por Aira Editorial e que veu follear connosco a súa propia autora.

Ollar.gal, unha escolma de fotografía galega contemporánea

Eva Díez, Miguel Vidal, Raquel Calviño, Javier Teniente e Manuel Sendón lévannos con eles de viaxe polo seu proceso creativo nunha serie audiovisual que pon estes fotógrafos e as súas fotografías no centro.

Iso é Ollar.gal: Escolma da Fotografía Galega Contemporánea, un proxecto dirixido por David Hernández, con guión de Jorge Lens e montaxe de Alex Penabade.

Ollar.gal é unha escolma de fotógrafos galegos actuais, feita por David Hernández, Alex Penabade e Jorge Lens. Pretenden achegar ao publico galego, non só a obra dos fotógrafos, senón tamén a súa forma de traballar, o seu proceso creativo, a súa ollada… e fano a través da curta documental. Por agora levan 5 fotógrafos, pero esperan ir ampliando a selección.

Para Noemí Parga “xa é mañá en Australia”

Para Noemí Parga “xa é mañá en Australia”

Pin It on Pinterest