Guerrilla en Pontevedra!
Guerrilla en Pontevedra!
Guerrilla en Pontevedra!
Entre hoxe e mañá celébrase no Consello da Cultura Galega a xornada “Novas diásporas”, coordinada por Antía Pérez Caramés, que pretende dar unha panorámica xeral do fenómeno dos novos movementos migratorios. Parece que Galicia está desde o século XIX destinada a ser país de emigrantes, a marchar na busca de máis e mellores oportunidades; pero o certo é que aqueles primeiros emigrantes pouco teñen que ver cos actuais.
A vaga actual da emigración comeza coa crise do ano 2008, cun aumento da mobilidade entre Galicia e o resto de Europa. Unha nova vaga con características diferenciadoras: xente formada, uso das redes sociais para manter contacto coa casa, e destinos europeos ben coñecidos xa pola emigración galega. Dicimos moito iso de que Galicia non se entendería sen a diáspora, pero para iso temos que escoitar máis e coñecer mellor a esa diáspora.
“Novas diásporas”, unhas xornadas do Consello da Cultura Galega que dan voz á emigración. Begoña Vázquez repasa a participación galega do Festival de Sitges.
A Real Academia Galega de Belas Artes determinou prorrogar no ano 2021 o Día das Artes Galegas dedicado ao grande arquitecto barroco Domingo de Andrade, ao que se lle dedicara o ano pasado. Andrade foi un dos creadores da historia galega con máis impacto e influencia nas artes do país. No Diario Cultural falamos co vicepresidente da RAGBA, Celestino García Braña.
“Ano 1964. Siro, un adolescente dunha aldea da alta montaña galega, ingresa nun internado relixioso, onde fai amizade con Cosme e Berto. O ambiente está dominado polo adoutrinamento, a mentira e a aldraxe da dignidade en nome de Deus e da patria fascista.”
Así é o argumento principal de ‘Aura 1964’, o libro-guión-película de Ignacio Vilar, recén publicado pola editorial Galaxia e que espera tamén ser proxectada nos cinemas. Galaxia estrea con esta obra a súa colección ‘Guión’, onde virán publicando máis proxectos cinematográficos galegos.
‘Aura 1964’, o guión-libro de Ignacio Vilar. Roberto Pascual fálanos de ‘ECO’, de Avelina Pérez.