Videos

O mellor dos premios Ksado, a exposición

O vindeiro xoves, 14 de outubro ás 19h nun acto aberto ao público, será inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición das series gañadora e finalistas do XV Premio Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. O seu comisario, Xurxo Lobato, visitou hoxe o Diario Cultural.

Inician os concertos do Cormorán Cinema

Visita o Diario Cultural Manuel Logar, director do Cormorán Cinema, que comeza a súa programación cinematográfica este mércores, pero que empeza xa hoxe con concertos coma o de Vera Fauna.

Ana Cabaleiro vén follear connosco ‘Deixádenos remar’

Finalista do Premio Xerais de Novela 2020, a novela de Ana Cabaleiro, ‘Deixádenos remar‘, editada por Xerais, presenta un humilde barrio periférico alterado e turbado pola incursión dunha nova aparición de chalés de luxo e a chegada dos novos veciños dese microcosmos. A escritora e xornalista visita o Diario Cultural para debullar as realidades que se derivan deste fío argumental e de todo o que rodea á novela.

Diario Cultural das 14:45

Con Ana Cabaleiro e o seu ‘Deixádenos remar’ e no Museo do Pobo Galego

Pedro Brandariz é Jacinto

Esta semana estréase en Sitges, no Festival de Cine Fantástico a nova película de Javi Camino, ‘Jacinto’, que el describe como “terror rural”.

Dúas mozas suecas afeccionadas ao black metal chegan a unha aldea da provincia de Lugo para mudar os seus hábitos de vida e poñer en marcha o seu proxecto musical. Na tranquila aldea vive a familia Becerra, cos seus costumes, os seus hábitos… Por que teñén que vir estas suecas facer ruido coas súas guitarras?

Jacinto, o protagonista, é o que podemos describir como un neno encerrado nun corpo dun home, que pasa os días vendo películas de vampiros nos seus vhs, facendo que conduce un vello 127 e paseando ao seu porquiño Martiño pola aldea. As amigas suecas escolleron mal sitio para vivir.

Así nos presenta a historia o seu director, Javi Camino, que di que escribiu ao seu protagonista cun actor na cabeza: Pedro Brandariz.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Pedro Brandariz e a súa interpretación de ‘Jacinto’. Luis Miguel Crespo lévanos de viaxe a Latinoamérica coa RFG.

Miguel Romero, da ilustración ao teatro e viceversa

Miguel Romero, ou @miguell_romero en Instagram, comezou a facer ilustracións nun caderno para pasar o tempo. Miguel é actor, titulado superior en Arte Dramática, e a través do instagram xurdiulle a oportunidade de colaborar coa compañía Producións De dous dedais coas súas ilustracións.

A colaboradora Ana Abad preséntanos a Miguel desde a súa faceta de ilustrador ata a de actor-creador con obras como ‘Salustiano’.

Adela Otero, o nome detrás de Avoa Producións

Adela Otero, o nome detrás de Avoa Producións

Pin It on Pinterest