Videos
O Camiño Portugués: lembranzas de mar e pedra
O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada. Trátase, por tanto, dun proxecto que nos brinda a oportunidade de reflexionar sobre o que permanece inmutable e o que se transforma, construíndo unha memoria colectiva do camiño accesible a todas e todos.
No Diario Cultural falamos coa comisaria da exposición, Lucía Laín.
Hoxe falláronse os Premios da Cultura Galega 2021
Anunciados os Premios da Cultura Galega 2021, no Diario Cultural quixemos conversar e parabenizar a tres das oito galardoadas: Esther Estévez, polo Dígocho Eu, en Lingua; Zaza Ceballos, produtora, no Audiovisual, e Pablo Jaime Díaz, director da Nova Galega de Danza, premiada en Artes Escénicas.
A ‘Intimidación’ do Colectivo Maiakovski
A ‘Intimidación’ do Colectivo Maiakovski
Arroutadas, compañía teatral descarada
Arroutadas, compañía teatral descarada, está formada por Lydia Prada, Mario Rodríguez e Uxía Algarra. Veñen de presentar a súa última peza, ‘DES-abonar’, dentro do certame Metro Cadrado do FIOT de Carballo. Fálanos deles a colaboradora Ana Abad.
Eva Piay, a ilustración man a man coa literatura
Eva Piay é unha ilustradora de Rubiá que ven de gañar o premio ‘Pura e Dora Vázquez’ da Deputación de Ourense, polo seu traballo para o libro ‘O clube de coleccionista de selos’ de Pablo Nogueira. Con ela estivo conversando Tamara Andrés.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- …
- 565
- Seguinte ›