Videos

Carta de Santiago: así construímos a Galicia do futuro

A xeito de mapa, desde este mediodía reuniranse na Cidade da Cultura personalidades e expertos de todo o mundo en campos moi diversos da sociedade, pero interconectados, como a cultura, a ciencia, o medio ambiente ou a economía.

Carta de Santiago é iso, un mapa, que recolle simbólicamente as diferentes rutas xacobeas a Santiago, para crear unha nova: a ruta da Galicia futura, da sociedade futura que está agora a espertar nun mundo retorcido pola pandemia.

Organizado pola Fundación Paidea e a Xunta de Galicia, un grupo de expertos foron os co-creadores desta carta. Entre eles, a xefa do grupo de melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, Marisol Soengas; e o escritor e xornalista Nacho Carretero.

 

 

Gustavo Almeida une a súa voz coa de Teo Cardalda

‘Entre o ceo e o esquecemento’, un corte que conta coa participación de Teo Cardalda, abre o disco-libro Vértice, cuarto álbum da traxectoria discográfica dun Gustavo Almeida que xa é un pontevedrés de Rio de Janeiro. No Diario Cultural falamos con el sobre o seu novo traballo, a súa traxectoria e moito máis.

Cancións para os meniños mortos de Auschwitz

O documental ‘Songs to the dead children in Auschwitz’ recorda a historia de Gisella Perl, xinecóloga xudía prisioneira no campo que axudou a abortar a centos de prisioneiras para evitarlles as torturas de Josef Mengele. Ese episodio ilústrase coas ‘Cancións para os meniños mortos’, compostas por Gustav Mahler a principios do século XX. O filme documental, obra do tamén compositor Eduardo Soutullo foi galardoado no Kursaal Film Festival, no Festival de Cine Social de Castilla La Mancha e no AMUA de Hondarribia. 

Premios Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Esta última edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas deixou como gañador a Diego Vieites. No Zeta, Sara Donoso conversa coa finalista Antía Vieiro, recén graduada en Belas Artes, que quedou segunda co seu traballo “Unha infancia sinistra”.

Pin It on Pinterest