Videos
50 anos da catedral dos libros de Compostela
50 anos da catedral dos libros de Compostela
As pegadas do Camiño, en Madrid
Ábrese na Biblioteca Nacional a exposición “Xacobeo. As pegadas do Camiño“, que se poderá visitar en Compostela entre marzo e maio de 2022. A mostra repasa as pegadas que o Camiño de Santiago deixou na historia, na cultura e na arte a partir dunha selección de 200 pezas. Conversamos co seu comisario, Darío Villanueva.
Artes pola inclusión
O Festigual da Coruña aposta por unha cultura aberta e inclusiva nunha programación que se estende ata o 27 de novembro e que inclúe música, teatro, danza e fotografía. Conversamos con Nacho Fungueiriño, o coordinador deste festival de artes pola inclusión cultural e coñecemos un dos proxectos que se presenta nesta edición: “Baila o teu barrio“.
Colectores de lixo como forma de arte
“O 14 de marzo de 2012, ás 14:36, paseando da Gran Vía cara a Atocha, na rúa Marqués de Cubas 23, vexo un colector amarelo no que impactaba o sol en ángulo oblicuo, de dereita a esquerda: a miña luz preferida e a que uso en case toda a miña obra. Tomei unha fotograía e en días posteriores volvín ver o mesmo colector, con variacións na carga, ata que un día xa non estaba”.
Metémonos de cheo na cidade, porque así describe Manuel Quintana Martelo o momento no que un raio de sol sobre un colector lle deu a idea dun proxecto artístico ao que leva adicado case 10 anos. Containers, a exposición que agora podemos ver no MARCO de Vigo, lévanos, a través da arte, a observar un mundo urbano descoñecido.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- …
- 565
- Seguinte ›