Videos

Monográfico sobre Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana, escritor, literato, tradutor, académico da Real Academia Galega e unha das máis grandes voces das letras galegas contemporáneas, faleceu esta mesma madrugada, a día 17 de novembro do 2021, ós 69 anos de idade. Con este triste motivo, quixemos falar con Chus Pato, Manuel Bragadi, Margarita Ledo, Anxo Angueira e Xosé Luís Méndez Ferrín, que nos axudaron a retratar a súa pegada na nosa literatura, na nosa cultura e na nosa sociedade.

Falece Darío Xohán Cabana

No Diario Cultural desta mañá soubemos do triste pasamento de Darío Xohán Cabana, escritor, literato, tradutor, académico da Real Academia Galega e unha das máis grandes voces das letras galegas contemporáneas.

Exilio e retorno de Eugenio Granell

O pintor surrealista Eugenio Granell tivo que exiliarse en 1939 e non retornou ata 1985. Conversamos con Violeta González Forte, autora do libro Eugenio Granell. Regreso de un surrealista exiliado e con Eduardo Valiño, conservador xefe da Fundación Granell, que durante o mes de novembro acolle un ciclo de conferencias sobre o compromiso político deste artista.

As novas colmeas de Néboa

Publícanse dúas versións ‘Coidar dunhas colmeas‘, unha peza fermosa e hipnótica que formaba parte do primeiro disco do grupo Néboa, A realidade enganosa, publicado hai un ano. Falamos con Lucas de Centi, un dos membros do grupo, e con Antía Muíño e Femme Fatale, autoras das versións publicadas no single ‘Coas primeiras follas secas‘.

O libro imposible de Juan Tallón

Simone Saibene retrata ó escritor Juan Tallón no documental Escribir o imposible. O filme recolle o proceso creativo da novela ‘Rewind‘ e o impacto da chegada da pandemia.

Tradutoras de 15 anos

Once alumnas de 4º da ESO do instituto Santa Irene de Vigo son as responsables da tradución do libro ‘Queda sitio na vasoira’, da escritora inglesa Julia Donaldson, publicado en galego pola editora Patas de Peixe. Conversamos con Marián Orosa, unha das estudantes, e coa editora e profesora Laura Sáez, que supervisou o traballo.

Pin It on Pinterest