Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Desde esta madrugada está dispoñible en plataformas dixitais ‘Viaxe ao espazo interior’, primeiro disco en solitario de Berto, a metade do grupo Verto.

Ese é o acontecemento cultural do día, pero non nos esquecernos da literatura infantil e xuvenil, como cada venres, con Montse Pena Presas.

Imperfectas e feministas

Chegan ás librarías galegas dous libros tan feministas como irreverentes. Hércules de Ediciones publica na súa colección Púrpura Mala feminista, unha colección de ensaios da estadounidense Roxane Gay, e Rinoceronte Editora achega a novela Como ser famosa, da xornalista inglesa Caitlin Moran.

‘Pava’, o traballo musical de Lucía Aldao: “Outra pava”

Pava é o que queda mentres se vai esgotando un cigarro. Pava é tamén unha forma de chamar a unha moza. Ademais da femia do pavo, non nos olvidemos desa acepción. Pero a partir de hoxe, ‘PAVA’ é tamén o título do primeiro proxecto musical en solitario de Lucía Aldao. O primeiro disco logo de 20 anos nos escenarios coa música e a poesía a voltas.

 Desde este 25 de novembro está dispoñible en todas as plataformas dixitais este ‘Pava’ de Lucía Aldao.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Desde as 00.00 temos nas plataformas dixitais o primeiro disco en solitario da poeta coruñesa Lucía Aldao. O disco chámase ‘PAVA’, como a do cigarro; e como dedicatoria leva escrito: “A ningún pavo”. Xa veremos que significa isto, e sobre todo, como soa Pava.

Máis temas: para quen queira ir ao cine nesta fin de semana, que ten pinta de que vai chover a cachón, atentos a Moncho Lemos, que nos comentará as mellores estreas da carteleira.

‘U-las palabras’, novo disco de Antilia

A cantante e actriz María Costas e mailo guitarrista José Churruca forman Antilia, un grupo de música atlántica que bebe do rock, do jazz e do blues, e no que a voz e a guitarra son protagonistas. Presentáronnos o seu segundo disco, ‘U-las palabras‘, que presentan esta fin de semana en Culturgal e o 18 de decembro no Museo de Pontevedra.

‘Pérez. Historia dun triunfo’, un complexo relato de xustiza poética

Mañá é 25 de novembro, o dia da Elimininación da Violencia de Xénero, e a cultura, a literatura neste caso, é o medio escollido para retratar a súa dureza. En ‘Perez. Historia dun triunfo’, a violencia machista está no centro da historia, pero sempre oculta de cara a sociedade. As mulleres padecen mentres os homes gozan de prestixio social e mesmo son premiamos.

Vémolo desde a cuberta do libro. Un cinto e unhas gotas de sangue, que páxina a páxina van tomando presenza. É o momento de sacar a venda dos ollos e actuar para que os maltratadores non saian impunes.

Llerena Pérez Perozo escribe na súa primeira novela sobre o triunfo que só chega da colaboración entre as mulleres.

 

 

Pin It on Pinterest