Videos

Candidaturas galegas aos Goya

Conversamos con algúns dos nomes galegos na lista de candidaturas aos premios Goya:
Celso Bugallo, finalista como mellor actor de elenco polo seu papel en ‘El buen patrón’; Zeltia Montes, candidata á mellor música orixinal pola mesma película e Chelo Loureiro, directora e produtora de ‘Valentina’, un dos filmes que optan ao premio como mellor longametraxe de animación. 

O traballo máis persoal do coreógrafo Xián Martínez

O traballo máis persoal do coreógrafo Xián Martínez

Especial do Diario Cultural dende Culturgal

Hoxe o Diario Cultural esténdese na tarde nun programa especial dende a feira da cultural galega, o Culturgal!

Falamos co director do Culturgal, Xosé Aldea; con Pepe Cunha, o comisario da exposición Cantámola en galego; temos dose extra de teatro co director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, con Cándido Pazó e con Marta Pazos, e metémonos en faladoiro literario coas editoriais Apiario, Irmás Cartoné e Kalandraka.

E entre prato e prato, como non sempre a montaña vai a Mahoma, Vituco Neira encárgase de achegarse ós diferentes postos desta gran feira da cultura galega.

Todo isto e máis cabe neste especial do Diario Cultural dende Culturgal.

Viaxe ao espazo interior de Berto

Berto con B é Berto Mira, un dos Verto con V. Hoxe debuta en solitario con este disco, ‘Viaxe ao espazo exterior’, logo de converterse nun dos fenómenos da música pop en Galicia xunto ao seu compañeiro Fer. Xa sabemos que Verto con V decidiran facer un parón nos seus concertos, pero mentres agardamos, temos xa con nós este novo disco.

11 cancións intimistas que xogan co Rnb, o Techno, o lo-fi ou o Bedroom Pop. Un traballo que explora de maneira conceptual o gran problema da saúde mental na xuventude, e no que está acompañado por Toni Martelo, Hevi de Malandrómeda e Fer, compañeiro no proxecto VERTO. 

 

 

 

 

Pin It on Pinterest