Videos

Nova xira de Triángulo de Amor Bizarro

O cuarteto de Boiro volve aos concertos este xoves na sala Capitol de Santiago, onde por fin haberá público de pé escoitando as cancións do seu último disco, publicado pouco antes da pandemia. Falamos con Isa Cea, Rubén Muñoz e Rafa Mallo da volta aos directos e dos moitos proxectos que idearon nestes meses, como a reedición dos seus catro primeiros discos con material inédito.

Rodolfo e Priscila, a editora indecisa de Berta Dávila e Carlos Meixide

Rodolfo e Priscila é, así de entrada, un nome curioso para unha editora independente. Detrás están os escritores Berta Dávila e Carlos Meixide, que veñen con dous libros, ou dúas pequenas xoias, chamadas ‘A poesía como arte insurxente’ e ‘Pequeno álbum de Nova York en inverno’. Deses libros que precisan amor. Presentáronse oficialmente nesta pasada feira Culturgal, e xa están en librerías para ser acollidos polas lectoras.

Rodolfo, un pequeno león de peluche, e Priscila, unha bailarina que habita unha caixa de música, son as memorias que levaron a Carlos e Berta a facerse editores. Iso e unha viaxe a Nova York.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe non imos presentar un libro, nin dous, nin tres. Ou non só. Hoxe subimos de nivel e presentamos unha editorial. Chámase Rodolfo e Priscila, co apelido de Editora Indecisa, e é o proxecto editorial de Berta Dávila e Carlos Meixide.

E máis temas, hoxe é mércores de artes escénicas e Roberto Pascual faranos a súa revisión de NEVERMORE de Chévere.

As galegas modernas de hai un século

Raquel Pico publica na editorial Galaxia ‘Noticias da modernidade’, onde recupera a memoria das mulleres modernas da Galicia dos anos 20 a través das súas pegadas na prensa da época.

Pin It on Pinterest