Videos

‘Somos a pedra’, terceiro disco d´Os d´Abaixo

O sexteto folk publica un novo traballo con máis composicións propias e arranxos elaborados. Conversamos sobre a evolución da banda co seu acordeonista, Santi Cribeiro.

Mevadeus e o seu Agro 5G

Mevadeus é unha compañía de teatro físico formada polas actrices Mara Neira e Inés Santos e os actores Brais Pombo e Bal Castro, que vén de gañar o Premio Xuventude Crea de Teatro coa súa peza ‘Agro 5G’. Ana Abad cóntanos máis sobre o nacemento da compañía e os seus proxectos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos unha oportunidade úniva para coñecer un pouco mellor a un dos pintores galegos con maior proxección internacional, como é o lugués Antonio Murado. Ata o 25 de xaneiro temos na galería Vilaseco da Coruña a súa última exposición, ‘Lenzos’, e conversamos con el sobre o seu significado e a súa maneira de crear.

E despois, literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas, que hoxe nos leva ata Salzburgo, a cidade do sal, para coñecer a un pequeno Mozart moi interesado na cultura galega.

As antecesoras das Tanxugueiras

Cinco mulleres da parroquia malpicá de Mens convertéronse nos anos 70 e 80 nun dos primeiros grupo de tocadoras que aparecían regularmente nos palcos, actuando para o público. A Central Folque publica os libros ‘Pandereteiras de Mens’, de Beatriz Busto Miramontes e ‘O infinito no pé’, de Eva Moreda e Serxio Cobos, ao redor da ribeirana, un dos bailas que practicaban en Mens, hoxe case desaparecido e aínda misterioso na súa orixe e significado.

As dúas obras preséntanse este sábado en Malpica, nunha xornada na que tamén se poderá aprender a bailar a ribeirana.

As novas cancións de Dakidarría

Gabriel Reigosa, do veterano e combativo grupo do Val Miñor, cóntanos como afrontan os tempos pandémicos e preséntanos a súa última canción, ‘Pobo de artistas’ no que reuniron 70 bandas do país. Axiña lanzarán un novo tema, ‘Arrasadeira’.

As bambolinas dos premios Xerais

Os premios Xerais inclúen nos seus xurados lectores non profesionais. Falamos con tres das persoas que formaron parte dosxurados desta edición, que galardoaron obras de Berta Dávila e Ledicia Costas: a psiquiatra Iria Veiga, a creadora de contido María Rúa Rodríguez e o estudante de Xornalismo Dani Portela.

Pin It on Pinterest