Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos o día posto para a poesía. Non é novidade os luns, que sempre pasa por aquí Alba Cid cos seus comentarios, e hoxe falaranos do poemario ‘O que fica fóra’, de Manuel Rivas. Pero recuperamos a súa última colaboración para falar dunha novidade de Aira Editorial que é a antoloxía ’21 poetas do século XXI’, e que é iso, creacións de mozas e mozos que neste 2021 que está rematando, fixeron 21 anos ou menos. O novísimo da nosa poesía.

Agasallar con arte

Ideas para regalar obras artísticas por Nadal na galería Artby’s da Coruña e na tenda de arte especializada en fotografía Cuarto Pexigo de Santiago.

Un día ao ano para Cunqueiro

Mondoñedo celebra o Día de Álvaro Cunqueiro o 22 de decembro, a data de nacemento do escritor. Este ano as  conmemoracións inclúen unha nova exposición na casa-museo de Cunqueiro e un libro de Claudio Rodríguez-Fer sobre as conexións entre o mindoniense e Jorge Luis Borges.

Tolkien en galego

As obras máis coñecidas de Tolkien están traducidas ao galego: o selo Sushi Books ofrece ‘O hobbit’ e ‘O señor dos aneis’ en volumes de tapa dura e tea. Falamos do mundo da Terra Media co tradutor e editor Moisés Barcia e varios lectores de Tolkien en galego: Pablo Aguado, da Sociedad Tolkien Española, a escritora Alba Rozas e o libreiro Andrés Fernández Torneiro, de Astora Cómics.

25 anos traballando en lingua

Falamos do presente e do futuro do galego con tres integrantes da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua, que promoveu accións e campañas de dinamización lingüística como Gústame o galego, Apego ou Youtubeiras. Conversamos con Anxos Sobriño, actual presidenta, Rosa Moreiras, do servizo de normalización do concello de Ames, e Nel Vidal, profesor nun centro escolar de Culleredo.

Pin It on Pinterest