Videos

Stravinski e a súa ‘Poética musical’ en galego

‘A consagración da primavera’ é a obra que o compositor ruso Igor Stravinsky escribiu en 1913. Logo da súa estrea, moitos consideraron o ruso un revolucionario. Un termo ao que el contestaría: “Declárome en contra desta opinión. Se é suficiente romper cun costume para merecer o cualificativo de revolucionario, todo músico que ten algo que dicir e que sae da convención establecida, debería ser cualificado de revolucionario”.

Isto e moito máis, podemos ler en ‘Poética musical’, un libro que nace das conferencias pronunciadas por Stravinsky en Harvard no curso de 1939-1940. No 2021 celebrando os 50 anos da súa morte, podemos lelas por primeira vez en galego, na tradución de Javier Ares Yebra para Alvarellos.

 

 

Así funciona a bolsa de formación artística da Fundación Mª José Jove

As artistas Lara e Noa Castro amplían os seus estudos no Art Institute FHNW de Basilea cunha bolsa da Fundación María José Jove. Con elas analizamos a importancia deste tipo de axudas e formacións para os artistas novos.

O galego no franquismo: da resistencia á normalización

‘O idioma galego baixo o franquismo’, o novo traballo de Henrique Monteagudo na editorial Galaxia.

Monteagudo estuda os anos escuros que viviu a nosa lingua durante o franquismo, sen esquecer a intensa perda de falantes, pero centrándose en dous horizontes: o da resistencia e o da normalización. Ao tempo, asistimos á valentía dos primeiros discursos públicos en galego, as primeiras publicacións liteararias, as primeiras normas gramaticais.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comezamos semana reflexionando sobre a nosa lingua. A normalidade da que goza o galego agora mesmo non tería sido sen a resistencia que ofreceron nos anos da ditadura numerosos intelectuais e colectivos galeguistas. Sobre eles, sobre esa resistencia, escribe Henrique Monteaguro en ‘O idioma galego baixo o franquismo’, o traballo do que falaremos hoxe.

E despois, tempo para a poesía con Alba Cid, que hoxe nos trae a tradución ao galego de ‘A poesía como arte insurxente’ de Lawrence Ferlinghetti.

Vicus Teatro, proxectos a lume manso

Ana Abad fala na súa colaboración de Vicus Teatro, unha nova compañía de artes escénicas, finalistas no certame Xuventude Crea 2021.

‘A caída de Guiomar’, fantasía épica galega

Seguindo o ronsel de autores como Tolkien ou Emily Rodda, a escritora Alba Rozas proponlle ao público infanto-xuvenil unha primeira novela de fantasía épica, que ademais está enraizada na mitoloxía galega. As diferentes razas do reino de Eabaca únense contra as ameazas do cabalo da fiaña e mais a Orcavella, dous seres monstruosos. A pandeireteira Aima e a guerreira Tegra percorren as catro parroquias do reino para activar a resistencia.

Pin It on Pinterest