Videos
O Museo do Pobo conta a historia de Galicia
Xa se pode xogar a demo de ‘Intruder in Antiquonia’
A historia comeza así: unha moza chamada Sarah aparece nos accesos a Antiquonia, con amnesia, e trata de descubrir quen é e que fai nese lugar. En canto comeza a falar coa veciñanza, decátase de que pasa algo, e de que as casualidades non o son tanto.
Esta é a proposta de ‘Intruder in Antiquonia’, un videoxogo de aventura clásico, en 2D e de mecánica “point and click”, que é o novo traballo de Aruma, o estudio da Coruña formado por Silvia Izquierdo e Rubén López. Acaba de saír a súa demo en Steam, así que queremos que nos conten máis sobre o que agardar nesta aventura.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe queremos coñecer o novo videoxogo de Aruma, que é un estudio de videoxogos indie da Coruña. O xogo en cuestión chámase Intruder in Antiquonia, e é maís sinxelo de xogar que de pronunciar. Non ten dinámicas nada complicadas. E precisamente niso, na súa sinxeleza e na súa historia, recae todo o seu encanto. Imos falar cos creadores, para que nos conten máis desta historia e de como se fai un videoxogo.
E despois, a outro lugar idóneo para a imaxinación, como é o teatro, con Roberto Pascual.
Álvaro de la Vega, esculpir con machada
A meta ou o camiño? O tempo segundo os peregrinos medievais
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe imos relatar unha auténtica aventura, real, que protagonizou un galego en 1961. Falamos de Xosé Velo, e do momento no que secuestrou un barco en Venezuela, para que a comunidade internacional reparase na ditadura de Franco en España e na de Salazar en Portugal. Foi en xaneiro do 61, e tamén en xaneiro, pero en 1972, falecía no exilio no Brasil. Por iso estará aquí Aser Álvarez de Arraianos Producións para comentarnos sobre o documental que están a preparar arredor da súa historia.
E despois, poesía, con Alba Cid, que hoxe nos trae o premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que recaeu no poemario ‘Urda’ de quico.
‘Come and go’, de Samuel Beckett a Helena Salgueiro
Aba Abad fálanos da creadora escénica, performer, poeta e dramaturga Helena Salgueiro, para afondar no seu último traballo. ‘Come and go’ é unha montaxe do texto orixinal de Samuel Beckett, coproducida polo Centro Dramático Galego.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- …
- 565
- Seguinte ›