Videos

Belén Puime, unha “pringada” máis

Belén Puime, unha “pringada” máis

Nuria Vilán e o vento ‘Simún’

Nuria Vilán e o vento ‘Simún’

Das foliadas ás Tanxugueiras

As Tanxugueiras suliñan sempre que son herdeiras das mulleres que fixeron música no pasado coas súas voces e pandeiretas.
Falamos con tres entidades que levan décadas traballando por transmitir ese legado cultural. Conversamos con Alexandre Sinde, 
da asociación cultural A Mámoa, de Luou, onde se coñeceron as Tanxugueiras, Gisela Sanmartín, das Xirifeiras de Fene e Noemí Figuerola, da Irmandade Galega da Suíza de Xenebra. 

A urxencia vital de Reimundo Patiño neste Día da Ilustración 2022

Achégase o día da Ilustración, unha data que se celebra cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao. Un día para lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural; e tamén, homenaxear a unha ilustradora ou ilustrador histórico. O protagonista deste ano é o coruñés Reimundo Patiño.

Patiño naceu no 36 e finou no 85, con tan só 49 anos, pero foi unha das figuras máis destacadas da arte galega, enmarcado nos anos da ditadura primeiro, e no cambio social e político da transición despois. Traballou principalmente en Madrid, pero sempre cun compromiso vivo con Galicia, co galeguismo e coa resistencia ao réxime. Entender isto lévanos a entender algo mellor a súa obra.

No programa de hoxe falamos sobre Reimundo Patiño con Daniel Buján, comisario da exposición que o homenaxea na Biblioteca de Galicia; e tamén con Antón Patiño, pintor e familiar, que reivindica a “urxencia vital” da arte de Reimundo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das10:30

Este domingo, día 30, é o Dia da Ilustración, unha celebración que recorda cada ano o nacemento de Castelao. Este ano o homenaxeado é o coruñés Reimundo Patiño, un ilustrador relacionado co galeguismo dos 60 e 70, un auténtico precursor do que logo sería a banda deseñada galega xunto ao seu amigo Xaquín Marín. Para saber máis do seu traballo e da súa relevancia, conversamos con Daniel Buján, comisario da expo que o homenaxea na Biblioteca de Galicia; e tamén con Antón Patiño, pintor e familia de Reimundo.

E despois, unha lectura para acompañar ás pequenas e pequenos con Montse Pena Presas, moi relacionada coa ilustración e o seu poder educativo, como é ‘Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir’, de Vicente Blanco e Salvador Cidrás na editorial Galaxia.

Luz Fandiño, poesía para o pobo

Conversamos coa poeta Luz Fandiño, que aos seus 90 anos logra conectar de maneira especial coa xente moza coa súa voz auténtica e comprometida. Fandiño empezou a escribir poemas cando era emigrante na Arxentina, despois de ler a Rosalía, Curros e Cabanillas no Centro Galego de Bos Aires. A realizadora Sonia Méndez retrata esta poeta comprometida no documental “A poeta analfabeta” que se proxecta este xoves no Teatro Colón da Coruña

Pin It on Pinterest