Videos

A lingua en 2050, imaxinando o futuro do galego

O sociolingüista Fernando Ramallo coordina o libro colectivo «A lingua en 2050», publicado por Catroventos Editora, no que 25 persoas reflexionan sobre o futuro da lingua e imaxinan cal será a situación do galego de aquí a 30 anos. Conversamos con Fernando Ramallo e escoitamos as reflexións de Xosé Henrique Costas, Teresa Moure, Manuel Núñez Singala e Gabriel Rei-Doval.

Diario Cultural das 17:30

Con Fernando Ramallo e a lingua do 2050 e máis as bandas deseñadas que nos trae Carlos Portela.

Diario Cultural das 14:45

Nos 25 anos da Revista Tempos novos e co cine de Agnnes Vardá.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos unha misión importantísima no Diario Cultural. Está nas nosas mans salvar a obra de Rosalía de Castro do esquecemento. Ben, mais ben está nas mans, ou patas, dos formigas, o equipo formado por Formosa, Forxan, Fornela e Formail. Misión Rosalía é a sexta aventura deste grupo creado polo escritor Pera Tobaruela. Falaremos con el, a ver se somos quen de salvar a Rosalía.

E despois máis literatura infantil e xuvenil, con Montse Pena Presas. Non sabemos se cambia de rexistro e deixa a literatura infantil, porque hoxe nos vai falar de microeconomía.

A ‘Casa vella’ da bailarina Nuria Sotelo

A bailarina e coreógrafa Nuria Sotelo preséntanos ‘Casa Vella’, un espazo de creación artística e acción social na súa aldea de Amiadoso, en Allariz. 

Dúplex Cinema recorda a Varda en Ferrol

Durante todo 2022 Dúplex Cinema ofrece unha retrospectiva de Agnès Varda. 25 sesións con entrada gratuítas nas que se proxectarán curtametraxes, filmes de ficción e documentais  da cineasta francesa finada en 2019, unha das poucas miradas femininas da nouvelle vague. Este mércores proxéctase a súa ópera prima, ‘La pointe-Courte’.

Os nomes dos lugares

Fran Cañotas, rostro coñecido da televisión de Galicia, presenta ‘Os nomes da nosa terra’, un micro documental da Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Nel, percorreron varios lugares da nosa xeografía para saber dos feitos e historias que orixinaron os nomes das aldeas, das leiras, dos camiños e mesmo das pedras. Barcia de Mera, A Coruña, Oleiros, Arteixo, Marzoa e o Monte Pindo, son os seis lugares elixidos para descubrir as historias que agochan as súas corredoiras. Están todas dispoñibles na canle de Youtube de Política Lingüística.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comezamos semana percorrendo algúns lugares de Galicia con nomes ben curiosos, que gardan historias igual de curiosas detrás. Imos falar sobre o microdocumental ‘Os nomes da nosa terra’, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Están presentados por Fran Cañotas e dirixidos por Xosé Antón Moure, e explícannos os topónimos de varios lugares e a súa orixe.

E despois música, con Luis Miguel Crespo, que nos fala do disco ‘No camiño, dous séculos de canción galega’.

Pin It on Pinterest