Diario Cultural das 19:45
Diario Cultural das 19:45 horas
Diario Cultural das 19:45 horas
‘Hai quen escolle os camiños máis longos’ é a última montaxe escénica da compañía Berrobambán. Un espectáculo inspirado no poemario do mesmo título, de Paula Carballeira, e coproducido pola compañía portuguesa Ponto de Fuga. A peza é o primeiro capítulo dunha ‘Triloxía do Bosque’ dedicada a explorar a rica simboloxía que agocha este espazo e cales son as súas implicacións no presente. Conversamos con Paula Carballeira, que codirixe a montaxe con Chiqui Pereira, e forma parte do elenco coas actrices portuguesas Bárbara Soares e Joana Saraiva.
Diario Cultural das 17:30
A Orquesta Clásica de Vigo organiza a terceira edición do Festival de órgano “8 pés”. Tres días nos que se pode gozar do impresionante órgano Alberdi da Colexiata de Santa María.Isabel Freire cóntanolos detalles.
“(a Glez Millan) interésanlle os conflitos e moitas veces os estudos literarios non falan de conflitos, falan de orde, teñen unha obsesión coa orde”. Arturo Casas é un dos editores do volume Xoán González-Millán. A projeçâo de um pensamento crítico que revisa o traballo do investigador en diálogo con especialistas actuais.
Diario Cultural das 19:45 horas
Conversamos con María Reimóndez a propósito do seu último libro, ‘Furia’, premio Jules de Verne de literatura xuvenil. Unha novela sobre a adolescencia, a perda, os afectos e o boxeo como vía de reconexión individual e colectiva. Escoitamos tamén as impresións lectoras de Adela Dios, unha das integrantes do xurado do premio. Bárbara G. Vilariño, do club de lectura Queeruña, comparte as súas achegas sobre a triloxía de ciencia ficción feminista que Reimóndez comezou coa novela ‘Cobiza’ e que culminará en 2024.
Diario Cultural das 17:30
A Asociación Cultural Cántigas e Frores celebra a gala do seu 75 aniversario este sábado en Lugo. Falamos co seu director artístico, Bruno Villamor, e co presentador da gala, Paco Nieto.