Videos
Exeria, a primeira peregrina
Onte presentouse en Lugo o documental ‘Exeria: a primeira peregrina’, dirixido por Luis Menéndez, e que vén a contar a travesía que esta muller fixo no século IV ata Terra Santa, visitando os lugares sagrados. Coñecemos a súa historia porque deixou todo escrito e documentado no seu Itinerarium, un relato epistolar no que se dirixía ás súas irmás, polo que se cre que Exeria era monxa.
Sabemos moito sobre ela, e ao mesmo tempo non sabemos todo con certeza. Crese que podería ser galega, xa que partiu desde “as ribeiras máis afastadas do océano occidental”, pero é así? O documental de Menéndez trata de poñer algo de luz para que se coñeza máis a súa historia.
A música na era dixital
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe mergullámonos na historia medieval de Galicia, nun dos castelos máis importantes do Reino, o da Rocha Forte. Non é moi coñecido, porque os irmandiños e os seguintes espolios non deixaron pedra sobre pedra, pero ten moita historia. Pódese visitar, grazas aos traballos arqueolóxicos para a súa recuperación. E volve estar de actualidade, porque un novo libro recolle todas as investigacións. ‘Rocha Forte. A memoria recuperada dun castelo medieval’, escrito por Matilde González. Con ela falamos.
E despois teremos por aquí a Alba Cid e os seus comentarios sobre o máis novo da poesía. Hoxe, con Luisa Villalta e o seu traballo ensaístico, que recupera a editorial Galaxia.
Sara Loureiro é de cultura
Falamos con Sara Loureiro de #sondecultura, un novo espazo de comunicación cultural que busca un perfil fresco e divertido co que facer a cultura máis accesible.
As reviravoltas do Cuarteto Caramuxo
Voltas e reviravoltas musicais, que son as protagonistas do novo traballo do Cuarteto Caramuxo, formado por catro clarinetistas, percusión e acordeón. ‘Reviravoltas’ ao que consideramos clásico ou tradicional na súa música. ‘Reviravoltas’ estréase hoxe e nós falamos con Felipe Agell e Óscar Prieto.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe imos darlle moitas voltas ás cousas. Voltas e reviravoltas musicais, que son as protagonistas do novo traballo do Cuarteto Caramuxo. Reviravoltas ao que consideramos clásico ou tradicional na súa música. Falaremos con Óscar Prieto e Felipe Agell, dous dos clarinetistas.
E no tempo das colaboracións, recuperamos a Roberto Pascual os venres, e hoxe falaranos do espectáculo de malabares de Pistacatro.
O exilio interior de Tomás Barros
‘Eurovision Fake Show’: o último canto de Lino Braxe
Nunha realidade paralela, as Tanxugueiras van a Eurovision e gañan. Polo tanto, ao ano seguinte, o certame celébrase en Galicia. O das Tanxugueiras é aportación extra, pero en ‘Eurovision Fake Show’ preséntasenos esa situación, na que Galicia é a sede do certame. Ata aquí veñen representantes, xa non de toda Europa, senon de todo o mundo, como Francia, o Vaticano, a China ou os EEUU, para intentar levantar o micrófono de cristal.
‘Eurovision Fake Show’ é o soño de calquera eurofán galego. Unha obra de Bucanero Teatro e Manarte, escrita por Lino Braxe, que faleceu sen rematala e ao que relevou na dirección Rebeca Montero. Como protagonistas temos a Sabela Hermida, Pedro Picos e Xosé Bonome.
Para Montero, a representación desta obra é “unha homenaxe ao poeta Braxe”.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
No teatro galego houbo un visionario co tema de Eurovision. Foi Lino Braxe, que morreu no 2020, pero deixou unha última obra escrita, chamada ‘Eurovision Fake Show’, unha comedia musical na que o certame da canción se celebra en Galicia por primeira vez. Está dirixida por Rebeca Montero e protagonizada polos de Bucanero Teatro.
Cantaremos os mellores hits internacionais con eles. E depois iremos ao cine con Begoña Vázquez.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- …
- 565
- Seguinte ›