Videos
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe temos a presentación de Ferrol 1972, unha peza do compositor Juan Durán cunha historia moi concreta, a daqueles feitos do 10 de marzo do 72, a manifestación obreira en Ferrol na que a policía franquista mataba a dous obreiros de Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla. Neste 2022 conmemóranse 50 anos dese suceso, e comezamos a recordalo cun concerto en Ferrol, coa estrea desta peza de Durán.
E despois da música ao teatro con Roberto Pascual, pero cunha obra moi musical, a ‘Smoke on the water’ de Ibuprofeno Teatro.
‘Nada que ver’, documental sobre os 25 anos de Cuac FM
Diario Cultural das 17:30
Con CUAC FM e Tito Lesende.
Diario Cultural das 14:45
Con Lois Patiño e cos Mestre Mateo.
Tres proxectos galegos finalistas nos premios Devuego de videoxogos
A cultura do videoxogo en Galicia demostra músculo e moito potencial, con tres proxectos e propostas finalistas en diversas categorías dos premios Devuego.
Gerardo Borjes, coñecido nese mundo como Elvendwarf opta a Mellor Xogo para móbiles con Aureole; Iago Gordillo opta a Mellor Medio Audiovisual coa súa canle Recuncho Gamer; e a proposta de Música e Videoxogos da Fundación do Museo do Videoxogo opta a Mellor Evento.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Conversamos en forma de reportaxe cos tres proxectos galegos finalistas nos premios Devuego de videoxogos, unha das maiores plataformas deste sector en España. Son Recuncho Gamer de Iago Gordillo; o xobo móbil ‘Aureole’ de Gerardo Borjes; e o evento ‘Música e Videoxogos’ da Fundación do Museo do Videoxogo.
E despois teremos a Begoña Vázquez con máis premios, os Mestre Mateo. Contaranos todo o que agardar desta edición dos máis importantes galardóns de cine e televisión de Galicia.
‘Vagalume’, o contrabaixo galego de Álvaro Iglesias
Diario Cultural das 17:30
Con ‘Vagalume’, de Álvaro Iglesias, e coa colaboración de Mario César Vila.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Escribiuse e contouse moito sobre o camiño de Santiago, máis aínda neste dobre ano Xacobeo. Pero hai moi pouca banda deseñada sobre o camiño, e aínda menos novidades. O cómic de hoxe é a excepción. Publicouse en decembro en Demo editorial e vén de ser presentado ‘Destino Santiago’. Un traballo do portugués Helder Rodrigues, que nun momento de crise, bota a andar a Compostela e despois decide plasmar a súa aventura nestas viñetas.
E despois teremos por aquí a Montse Pena Presas con dous álbumes ilustrados para o lectorado máis novo, ‘Elvira’ e ‘A crebeira Maravillas’.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- …
- 565
- Seguinte ›