Videos

‘Colaxe’, o sexto disco de Dakidarría

Dakidarría levan 18 anos combinando letras combativas cun cóctel sonoro de punk-rock, ska, reggae e ritmos urbanos. A banda do Val Miñor acaba de publicar o seu sexto disco, ‘Colaxe‘, que imos escoitar á CARPINTERÍA, o estudio de gravación do grupo.

Estréase a miniserie ‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’

As mulleres galegas son pioneiras en moitas cousas. Temos a Rosalía, a Emilia Pardo Bazán, a Concepción Arenal… e temos tamén a Sofía Casanova. Nestes tempos incertos e de conflitos internacionais, convén recordar a esta muller da Coruña que foi das primeiras correspondentes de guerra de España, traballando para o xornal ABC. Unha miniserie participada pola TVG conta a súa historia, e nós hoxe queremos coñecela.

Falamos para iso con Zaza Ceballos, codirectora xunto con Noelia Muiño, e Isabel Naveira, a actriz protagonista. 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O 2 de marzo teremos oportunidade de ver na Television de Galicia a miniserie ‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’. Falamos coa directora, Zaza Ceballos, e a actriz protagonista, Isabel Naveira.

E máis temas, porque estará por aquí Rut Balvís, a nosa colaboradora de artes do movemento, para falarnos de varias convocatorias abertas de residencias artísticas.

A gran gala de Manicómicos

 

Manicómicos celebra a súa gala anual de aniversario este venres no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Esta asociación cultural naceu hai 18 anos para promover a formación e a creación en disciplinas escénicas como o clown, o circo ou a danza. Falamos cos manicómicos Carlos Sante, un dos fundadores, e Neli Quintela, que está formándose como clown e participa na gala deste venres. 

 

‘The Waylanders’ abre camiño na industria do videoxogo galego

O videoxogo de Gato Studio ‘The Waylanders’ leva xa unhas semanas dispoñible para xogar no noso ordenador a través de Steam, da plataforma de distribución dixital de videoxogos. Falamos xa varias veces dos Waylanders, desde que coñecemos hai uns anos o seu desenvolvemento, porque se trata do máis grande e ambicioso dos xogos creados en Galicia, por un equipo maioritariamente galego, e ademais ambientado en Galicia, nas nosas lendas e na nosa historia, pero coa capacidade de chegar e emocionar a todo o mundo. No Diario Cultural xa puidemos probalo e xogar un pouco, e comentámolo cun dos seus creadores, Sergio Prieto.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Imos facer o camiño de Santiago, viaxar no tempo, e coñecer a historia antiga e medieval de Galicia, todo no mesmo lugar, no mesmo xogo. Falamos por suposto de The Waylanders, o proxecto titánico de Gato Studio, que lanzaron desde A Coruña o maior videoxogo galego. Xa se pode mercar e xogar, así que imos botar unha partida con Sergio Prieto, que é un dos creadores.

E despois, a carteleira con todas as películas que poderemos ver nos vindeiros días, e que nos comentará, coma sempre, Begoña Vázquez de Sala 5.

‘Es ti que cantas’, Rosalía para a xeración Zeta

‘Es ti que cantas’ leva a poesía de Rosalía de Castro a redes como Instagram e Tik Tok e a plataformas como Spotify, para propiciar o seu encontro coa mocidade de hoxe. A iniciativa utiliza audiolibros, pezas audiovisuais, unha unidade didáctica e un concurso nas redes para ir ao encontro da xeración zeta. Conversamos con Tamara Canosa, directora do proxecto, e con Rocío González, voz principal dos audiolibros.

Ialma volven a Galicia

As cantareiras galegas de Bruxelas volven actuar en Galicia despois de case cinco anos. Nesta semana Ialma pasarán por Santiago, Pontevedra, Vigo, Vilalba, As Pontes e o Rosal para lembrar a Rosalía de Castro e interpretar temas do seu último disco, ‘Camiño (de Bruxelas a Santiago)’.

As dualidades de Santi Araujo resoan en ‘Suelta o muerde’

Hoxe é o 22 do 2 do 2022. E o dous, as dualidades, os binomios, vannos estar acompañando durante toda a escoita deste novo disco de Santi Araujo: ‘Suelta o Muerde’. Ata a data escollida para a súa saída está pensada. 11 cancións pero con 22 títulos, dúas portadas diferentes, pero o que é máis importante, unha música e unhas letras que te acollen desde a primeira nota e que naceron “case sen buscalo, deixando que a vida me fose contando o que quería de min”.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos unha estrea moi especial, porque neste 22 do 2 do 22 vén de saír o novo disco de Santi Araujo, ‘Suelta o Muerde’. Máis alá de todas estas dualidades, o disco é unha fermosura no musical, así que non podemos agardar máis a preguntarlle a Santi por el.

E despois, como cada martes, teremos por aquí a Armando Requeixo coas súas lecturas recomendadas. Hoxe, cunha interesante obra de tradución como é ‘Azami’, a novela da escritora de orixe xaponesa Aki Shimazaki.

Pin It on Pinterest