A visión que Laxeiro tiña da arte era única. Admirado por estudosos e non estudosos, o seu retrato da Galicia popular esperta fascinación en calquera. Por iso, a Real Academia Galega das Artes dedica este 2022 ao pintor de Lalín e desde a Fundación Laxeiro puxeron xa en marcha a primeira gran exposición por esta data.
‘Laxeiro descoñecido’ apunta directamente a obras inéditas para o público. Serán dúas mostras desta colección aínda por descubrir: a primeira delas, que xa se pode visitar en Vigo, son pinturas de primeira época, entre os anos 30 e 50, para achegarse a un Laxeiro que xa sentía fascinación polo mundo popular, e que amosan á perfección a súa estética, como nos conta nesta entrevista o seu director artístico, Javier Pérez Buján.
A mostra inaugurouse o pasado venres, e poderase ver ata o 5 de xuño na Fundación Laxeiro en Vigo. Será a primeira de moitas neste ano Laxeiro.