Videos

María Casares, “l’ unique”

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle estes días unha serie de conferencias arredor de María Casares polo centenario do seu nacemento. A actriz galega, nacida na Coruña un 21 de novembro de 1922, tivo que exiliarse a Francia con 14 anos durante a Guerra Civil, xa que o seu pai, Santiago Casares Quiroga, era o presidente da República no momento do golpe. Nunca volveu a Galicia, pero o seu talento sobre as táboas tiña o seu eco aquí.

Esta tarde, ás 19:30, as conferencias do Museo de Belas Artes estarán protagonizadas polo director teatral Lluis Pasqual e pola escritora francesa e biógrafa de Casares, Anne Plantagenet, que escribiu ‘A Única’, ‘L’Unique’, esa biografía a partires das cartas que intercambiou co autor francés Albert Camus.

Pola súa banda, Lluís Pasqual é dos poucos que hoxe poden dicir que a coñeceron, que a viron actuar de preto en varias ocasións. Por iso a súa intervención desta tarde no ciclo de conferencias sobre a actriz chamarase ‘Espectador privilexiado’.

 

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Este 2022 celebramos o centenario do nacemento de María Casares, a actriz da Coruña que triunfou no exilio en París, e que de feito foi a gran actriz francesa. No Museo de Belas Artes da cidade celebran unha serie de conferencias arredor dela e hoxe os protagonistas serán o director Lluis Pasqual e a escritora Anne Plantagenet.

E despois temos a Montse Pena Presas para falarnos de poesía, de ‘No xardín do poeta’ de Antonio Garcia Teijeiro.

Luís Tosar: “É un thriller de espionaxe moi ben adaptado á nosa realidade”

Conversamos con Luís Tosar sobre a súa última película, o thriller ‘Código emperador’.
Jorge Coira dirixe este filme de espías sobre as zonas escuras do poder que chega ás salas de cine este venres. Unha produción de Vaca Films con participación da Televisión de Galicia que tamén vai inagurar a vixésimo quinta edición do Festival de Málaga.

Nani García volve ao jazz con ‘Hai un desequilibrio…’

Calebramos o regreso de Nani García, do músico da Coruña, ao jazz, cun novo traballo discográfico, ‘Hai un desequilibrio’. O mellor jazz contemporáneo deste músico que pasea desde hai anos polo cine, con bandas sonoras como a recente ‘Valentina’, ‘Engurras’ ou ‘Una mujer fantástica’. Pero dicía que hoxe celebramos o seu jazz, de novo en formato trio, acompañado por Simón García ao contrabaixo e Miguel Cabana na batería.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Temos de convidado a Nani García, ao músico da Coruña coñecido por todas esas bandas sonoras de cine e de televisión, que estrea novo traballo de jazz. O disco chámase ‘Hai un desequilibrio…’, volve ao trio de jazz con Simon Garcia e Miguel Cabana e moi pronto estará de xira.

E despois ven Armando Requeixo a comentar o novo libro de Francisco Castro, un ensaio sobre o machismo e as novas masculinidades que se chama ‘Isto si é un home’.

O Novo Normal, un retrato colectivo da vida en pandemia

Desde o 4 de maio de 2020, un día despois do final do confinamento, o fotógrafo Javier Quiroga retrata a vida pandémica na cidade da Coruña. Os retratos de veciños e veciñas e os seus relatos en primeira persoa compárteos a través de Facebook e Twitter no proxecto O Novo Normal.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

V edición do festival de poesía ‘Alguén que respira’, do 18 ao 21 de marzo no Teatro Principal de Compostela. Unha edición centrada no corpo e a sexualidade. Falamos co seu director, Antón Lopo.

E Luis Miguel Crespo fainos un completo perfil do pianista e compositor Andrés Gaos.

Novidades musicais con marca zeta

Cibrán Tenreiro achéganos en formato “concurso” unha serie de novidade do panorama musical zeta que inclúe a Berto & Marinha, SXSXSX, Néboa & Antía Muíño e Giusseppe.

Outra forma de programar cultura

Achegámonos con Sara Donoso ata o barrio de Monte Alto na Coruña para coñecer ACÉFALA, que se definen como “un colectivo asembleario horizontal sen ánimo de lucro cun proxecto mutable e progresivo”.

A lonxa do ritmo, músicas urbanas en Vilagarcía

Este sábado comeza ‘A lonxa do ritmo’, un ciclo de músicas urbanas que se desenvolve en Vilagarcía ata o mes de sábado, durante 4 xornadas. Na primeira sesión o cartel é integramente feminino: Las Ninyas del Corro, Machete en boca e a dj compostelá Teresa Ferreiro. Nas próximas xornadas pasarán por Vilagarcía Love Yi, Tekilas, Wygga, Rebeliom do Inframundo ou Son da Rúa. 

Pin It on Pinterest