Videos

Grampoder regresan co disco ‘PM’

Grampoder é o dúo de ‘rock portátil’ formado por Martin Wu e Roi Fernández, ex compoñentes de The Homens.
Despois de sete anos de silencio discográfico autoeditan ‘PM’, un disco enérxico que fala de facer anos e dos enganos do mundo contemporáneo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe imos ver como hai futuro para o galego co proxecto ‘Aqui medra a lingua’ do Consello da Cultura Galega. Metémonos en 6 institutos nos que o galego medra día a día falándoo, cantándoo, recitándoo…

E no día da Poesía non podáin faltar uns versos e para iso temos á mellor experta, a Alba Cid.

Mario Obrero e as cereixas

Mario Obrero e as cereixas

Gorrilla, teatro comunitario en Vigo

Gorrilla, teatro comunitario en Vigo

A Academia homenaxea a Bernardino Graña

A Real Academia Galega celebra o Día da Poesía cunha homenaxe ao escritor e académico cangués Bernardino Graña. Un recital de poesía e unha plaquette na que dialogan cos versos do poeta voces como as de Xosé María Álvarez Cáccamo, Alexandre Nerium, Miro Villar, Elvira Ribeiro ou Lucía Novas. Trazamos unha semblanza do “poeta do mar” coa axuda dos seus amigos Héitor Mera e Alexandre Ripoll e con Marilar Aleixandre, coordinadora da homenaxe desde a sección de Literatura da RAG. 

20 anos dos Mestre Mateo

Estamos na véspera dun dos días máis emocionantes e esperados polo sector audiovisual galego, que é a celebración da gala dos Mestre Mateo. Á emoción de todos os anos súmaselle a celebración do vixésimo aniversario dos premios, e un sector que pouco a pouco comeza a saír da crise sanitaria.

20 anos: o 7 de xuño de 2003 celebrouse no Auditorio de Galicia de Santiago a primeira edición dos Mestre Mateo, que tivo como pelicula gañadora ‘Os luns ao sol’ de Fernando León de Aranoa. Unha gala organizada por unha recén nacida Academia Galega do Audiovisual con Ernesto Chao como presidente e Angel de la Cruz como vicepresidente, entre outros profesionais.

En todo caso, 20 anos hai que celebralos como merecen, por iso convidamos ao presidente da Academia Galega do Audiovisual, a Álvaro Pérez Becerra e ao primeiro vicepresidente que tivo a Academia, o director e guionista Ángel de la Cruz.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Nesta previa da gala dos Mestre Mateo queremos botar a vista atrás e mirar os 20 anos de historia dos premios e da Academia Galega do Audiovisual, que naceu no 2002. Como cambiou o noso cine nestes anos? Falaremos co actual presidente da Academia, e cun membro daquela xunta fundacional.

E dos Mestre Mateo pasamos ás artes escénicas. Colaboración de hoxe de Roberto Pascual, que nos propón un repaso polo mellor e máis recente da comedia no noso teatro.

‘Arte sen guión’, impro medieval desde Carballo

A compañía Galeatro estrea esta fin de semana ‘Arte sen guión’ dentro do ciclo ‘Clásicas desfeitas’, no marco das Residencias Artísticas do Gaiás. Unha proposta que une comedia, música en directo e improvisación para imaxinar como puido ser o teatro medieval galego. Conversamos con Alba Bermúdez e Tone Martínez, fundadores de Galeatro e integrantes do elenco de ‘Arte sen guión’ xunto con Cris Iglesias e Miguel Canalejo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Emilia Pardo Bazán e Galicia’, o novo ensaio do catedrático José María Paz Gago. ‘Código Emperador’ e outras estreas da fin de semana con Begoña Vázquez de Sala 5.

A conexión galego-andaluza de Uxía e Javier Ruibal

A cantora de Mos e o cantor de El Puerto de Santa María unen as súas voces no disco ‘De tu casa a la mía’, coa inspiración de Rosalía de Castro e de Javier Ruibal. Un traballo no que lle dan nova sonoridade a algúns dos Seis poemas galegos de Lorca e a poemas de Rosalía de Castro como ‘Ahí va la loca soñando’ ou ‘Rosa de cen follas’. ‘De tu casa a la mía’ preséntase en directo o sábado 19 de marzo no Auditorio de Galicia de Santiago.

Pin It on Pinterest