Videos

Berta Dávila, ‘Os seres queridos’ e a literatura dos porqués

Berta Dávila presenta ‘Os seres queridos‘, a novela gañadora do Premio Xerais 2021. As maternidades, os afectos, os bulbos de tulipáns e as palabras danlle forma a este libro da autora compostelá.

“Prega que sexa longo o camiño”

“Cando saias camiño a Ítaca / prega que sexa longo o camiño, / cheo de aventuras, cheo de coñecementos.”

Se Ítaca é o destino, con Kavafis soubemos que o importante era a viaxe. Konstandinos Kavafis é o poeta grego contemporaneo máis universal, aínda que só estivo en Grecia tres veces. Desde a diáspora, con melancolía, escribiu sobre a historia e a cultura grega, escribiu sobre o amor, sobre o desexo entre dous homes… En vida publicou unha pequena parte da súa obra, en edicións feitas a man por el mesmo. Non foi un incomprendido, pero si que a súa homosexualidade supuxo máis dunha crítica no seu momento, nos anos entre o século XIX e XX. E aínda así, hoxe todos chegamos a Ítaca, ou imos en camiño, a través dos seus poemas.

Agora podemos ler a súa poesía completa nunha edición que vén de publicar Aira editorial, con tradución e anotacións de Miguel Angel Areses Martín.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos un programa moi mediterráneo. Comezamos coa poesía do máis grande poeta helénico, Konstandinos Kavafis, porque se acaba de publicar unha tradución da súa poesía completa. Falamos co tradutor, Miguel Angel Areses Martín.

E despois, continuamos navegando polo mediterraneo, de Alexandría a Italia, porque o noso colaborador Luis Miguel Crespo falaranos da obra de Giuseppe Verdi, o gran compositor da reunificación italiana.

Bruno Arias axúdanos a encher os espazos en branco de Xela

Jesús Silva conversa con Bruno Arias, sobriño de Xela Arias, que está facendo un documental sobre a poeta, ‘Os espazos en branco’.

Unha primavera para as letras

Tamara Andrés comenta a programación de diversos eventos e festivais literarios que se celebran coa chegada da primavera, como o Primaletras da Coruña, o Alguén que respira en Compostela ou o Salón do Libro Infantil en Pontevedra.

[17:30:00] ‘Segmento Cantábrico’, primeiro disco en solitario de Ugia Pedreira

Ugia Pedreira publica o seu primeiro disco en solitario, ‘Segmento cantábrico’. A que fora compoñente de proxectos tan relevantes na música galega como Marful, Chouteira ou Nordestinas asina co seu apelido, A Pedreira, este traballo de folk progresivo que mestura canción e spoken word e que inclúe o poemario Atalaia Norte

Pin It on Pinterest