Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Temos un programa por enteiro dedicado á música, porque este luns está con nós Luis Miguel Crespo para comentar os próximos concertos da Real Filharmonía de Galicia.

Pero é que para arrancar o programa temos a Nastasia Zürcher presentando o seu novo disco, ‘But Life is Beauty Full’. Mestura de culturas, de linguas de estilos… Un disco cheo de bo rollo.

Memorias dun exgalego

Tamara Andrés conversa con Josiño Araujo arredor da súa novela, ‘Memorias dun exgalego’ (Laiovento).

Coñecemos á compañia Morra o Conto

Ana Abad preséntanos á recén creada compañía de teatro ‘Morra o conto’. 

Como nacen e medran os libros

Nas vésperas do Día do Libro, descubrimos que hai detrás do proceso de parto dun libro: dende a escrita á edición, ilustración, distribución…

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos a un convidado de altura, ao escultor de Cambados Franciso Leiro, que inaugura exposición no museo MARCO de Vigo. E a primeira vez que expón neste lugar, e farao cunha serie que se chama ‘O antropomórfico’, e que está baseada precisamente nas peculiaridades do espazo do MARCO. Falaremos con el sobre esta mostra, o regreso a Vigo e a súa forma de traballar. E despois, momento para a literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas nesta previa do dia do libro.

Árbores senlleiras ás escuras

Galería Luisa Pita de Santiago acolle a exposición fotográfica ‘Senlleiras‘, unha recompilación de 14 instantáneas tiradas por Juan Adrio. Nas imaxes aparecen árbores senlleiras retratadas pola noite.

 

Pin It on Pinterest