Videos

O rock nas páxinas de Rouco Son

Coñecemos a revista Rouco Son, unha publicación en papel e dixital sobre música. Céntrase especialmente no rock emerxente e de base. Jacobo Mouriño é un dos seus responsables.

 

‘Escoitamos teatro’ a través dos podcast

Como se escribe teatro para escoitar? O Consello Territorial da SGAE en Galicia presenta unha iniciativa para revitalizar a ficción radiofónica, desta volta a través dos podcast. O dramaturgo Santiago Cortegoso foi o impulsor desta campaña, na que polo momento xa se coñecen dúas obras: ‘Malcriada’, de Esther Carrodeguas, e ‘Historia dunha descoñecida’, de Raúl Dans.

Suso Vaamonde, a canción libre e comprometida

Fernando Fernández Rego presenta o libro ‘Suso Vaamonde . A canción libre e comprometida dun Pobo’, editado en Galaxia. 

‘As alumnas’ de Paula Carballeira, teatro para ler

Antes de chegar ás táboas, o texto sae dun lapis ou dun teclado. Ou, polo menos, ás veces. É o caso da obra ‘As alumnas’, de Paula Carballeira, que nos conta nesta entrevista como foi ese proceso. A peza foi levada aos escenarios baixo a dirección de Fina Calleja. Mónica Caamaño e Anabell Gago póñense na pel de dúas antigas alumnas de María Barbeito, mestre represaliada na ditadura.

Pero a vida está chea de beleza!

Nastasia Zürcher sempre se reivindica como galega-suiza. Hoxe está no Diario Cultural presentando o seu terceiro disco, ‘But life is beauty full’, “Pero a vida é bela” ou “está chea de beleza”. Con ela, deixamos a un lado a melancolía, por moita chuvia que caia, e poñémonos a bailar.

 

 

Pin It on Pinterest