Videos

Letras Galegas 2022 | Ricardo Gurriarán

Letras Galegas 2022 | Ricardo Gurriarán

As dúas cores de Cristina Yáñez

Jesús Silva conversa con Cristina Yáñez, que estrea a curta ‘Dúas cores’ no Festival de Cans.

Jorge Moral e as letras de FDG

Tamara Andrés conversa con Jorge Moral, poeta de Valdeorras, que fixo o podcast das Letras de Florencio Delgado Gurriarán. 

Letras Galegas 2022 | A poesía de Florencio

Como escritor, Florencio Delgado Gurriarán foi fundamentalmente poeta. Os seus versos falan da paisaxe de Valdeorras, pero tamén denuncian o franquismo, preocúpanse pola situación do galego ou celebran a cultura popular mexicano. 

Facemos un percorrido pola obra poética de Florencio Delgado Gurriarán con varias voces expertas e os seus propios poemas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A poesía de Florencio Delgado Gurriarán. Pano Corado, nova canción das Tanxugueiras. E ‘Soños no limiar’, a lectura da semana de Montse Pena Presas.

Letras Galegas 2022 | A vida en México

Continuamos coñecendo o itinerario vital e literario de Florencio Delgado Gurriarán. Trala guerra civil, o poeta valdeorrés tivo que exiliarse en México e abrazou a súa nova vida con vitalismo e moito interese pola cultura do país que o acollía. Ademais do seu labor como activista político e cultural, en México formou unha familia, cambiou a avogacía polo traballo comercial e escribiu un feixe de “poemas crioulos” que están entre o máis interesante da súa obra. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Escoitamos unha reportaxe de Belén Regueira arredor da vida en México de Florencio Delgado Gurriarán. Conversamos con Aitana Cuétara pola segunda edición do festival ‘O que non se escribe’. E por último temos a Moncho Lemos para comentar as estreas da carteleira.

Letras Galegas 2022 | A obra colectiva do exilio mexicano

É a primeira vez que as Letras Galegas visitan o exilio de México, que impulsou proxectos editoriais como o poemario antifranquista “Cancioneiro da loita galega” e tamén radio e publicacións en galego, como a revista “Vieiros”, que pasou á historia pola súa ambición e calidade con apenas catro números. 

Letras Galegas 2022 | O exilio mexicano

Este 17 de maio será o primeiro Día das Letras dedicado a un exiliado en México, país que acolleu sen reservas os refuxiados republicanos trala guerra civil. Homenaxéase así un grupo de galeguistas que impulsou iniciativas políticas e culturais de grande importancia; en moitas daquelas iniciativas participou de forma destacada Florencio Delgado Gurriarán. 

Pin It on Pinterest