Videos

Clo Plas e a memoria da Fonsagrada

Dende a Fonsagrada crean, compoñen e cantan Xiana Arias e Berio Molina. Xuntos forman o dúo Clo Plas e acaban de publicar o seu primeiro EP, ‘bafi’, de “baixa fidelidade”. Porque así é como soa o disco, minimalista, recollendo o son da terra na mínima expresión, e acompañándoo de poemas recitados e rapeados que nos falan de memorias, paxaros, casas abandonadas e sabor a queixo e galletas. 

No Diario Cultural falamos con Xiana e Berio e escoitamos ‘bafi’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30

Temos de convidados a Berio Molina e Xiana Arias, que con ese nome de Clo Plas sacaron un EP, ‘BAFI’. E coma sempre, para pechar a semana, chamaremos a Montse Pena Presas para que nos comente o seu libro ‘A avoa de abaixo e a de arriba’.

Octavio Vázquez estrea ‘Ilusións’ coa Real Filharmonía

A Real Filharmonía de Galicia pecha a temporada coa estrea da obra ‘Ilusións‘ do compositor Octavio Vázquez. Paul Daniel dirixirá a orquestra neste dobre concerto titulado ‘Unha viaxe fantástica’, o xoves no Auditorio de Galicia de Santiago e o venres no Teatro AFundación de Vigo. 

O adeus a Domingo Villar

No día do pasamento do escritor vigués recollemos as mostras de dó na cultura galega e conversamos co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, que foi o seu editor na editorial Galaxia, e con Mercedes Corbillón, da libraría Cronopios.

Domingo Villar converteuse nun dos autores máis lidos e traducidos da nosa literatura coas súas tres novelas negras ambientadas na contorna de Vigo e protagonizadas polo inspector Leo Caldas: Ollos de augaA praia dos afogados e O último barco. O seu derradeiro libro, publicado en 2021, foi a colección de relatos Algúns contos completos

Diego Giráldez escribe sobre a luz e a sombra en ‘O meu sangue’

David Ledesma é un intento de escritor de novela negra que traballa nunha empresa de limpeza. Nunha escena con sangue coñece a Belén, médica forense, coa que casa e teñen a Mauro. Pero Belén ten ELA, e morre tempo despois. Entón David coñece a unha segunda muller, María, tamén con sangue polo medio logo dun disparo accidentado.

O lector chega a todos os personaxes a través dunha sorte de carta que David lle escribe a María, e que conforma ‘O meu sangue’, a nova novela do xornalista e escritor Diego Giráldez.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30

Hoxe temos artes escénicas con Roberto Pascual, que nos vai falar de ‘Home’, o novo espectáculo que acaba de estrear Antón Couceiro. Pero para comezar, temos entre mans a nova novela do xornalista Diego Giráldez. Chámase ‘O meu sangue’, e con moito dese líquido lévanos por un relato vertixinoso de amor, odio e violencia.

Pin It on Pinterest