Videos

O regreso de Dios ke te crew

O colectivo de hip hop de Ordes edita o EP ‘En que ano estamos?!’ que presentan en directo na sala Capitol de Santiago o venres 27 de maio. 

A poesía que nace de só ter tempo para escribir listas da compra

‘A lista da compra’, o poemario de María Besteiros publicado por Galaxia na colección Dombate, é un libro que fala da maternidade, da vida rural, da identidade e do corpo. Un corpo que fala por min. Un corpo que aniña fantasmas, cosido, cuberto por veludo, esmagado contra o chan, envorcado sobre el mesmo. Un corpo que falta, que está ocupado e compartido. O corpo son as pedras caídas que arrinca o tractor.

María fai presente o corpo neste libro como un elemento cotiá, desde ese título, que nos fala da casa, da natureza, dos fillos… pero tamén do cotiá que é a violencia ou a deshumanización que sofre a muller, que non ten tempo para ler nin escribir máis que a lista da compra.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30

Falamos con María Besteiros sobre o seu poemario ‘A lista da compra’, que publicou con Galaxia. E Luis Miguel Crespo coméntanos a programación semanal da Orquestra Sinfónica de Galicia.

A relación da música co audiovisual

Cibrán Tenreiro fálanos esta semana da relación da música co cine e as series.

A arte contra o cambio climático

Sara Donoso conversa coa artista e activista Ruth Montiel Arias, quen reflexiona a través da súa obra (fotografía, video e instalación) sobre o impacto das accións humanas no planeta.

O agroglamour volve a Cans

A décimo novena edición do festival de Cans recupera o seu formato e datas habituais despois de dous anos de pandemia. Curtametraxes, música ao vivo, premios e cultura desde o rural nun dos festivais de cine cunha identidade máis forte.

Pin It on Pinterest