Videos
Yolanda Castaño, unha traxectoria vital dedicada á poesía
A traxectoria vital e profesional de Yolanda Castaño está definida pola poesía desde moi nova. As súas primeiras letras publicadas, ‘Elevar as pálpebras’, saíron en 1995, cando ela tiña 17 anos; e desde entón publicou poesía, narrativa e mesmo comic e tradución.
Coñecemos á Yolanda Castaño poeta, creadora. Pero hoxe miramos tamén a súa faceta como xestora cultural. No que vai de ano foi recoñecida xa con dous premios, o Rodolfo Prada e o da Gala do Libro á xestión cultural, por un proxecto titánico ao que leva dedicada xa 13 anos: Poetas Dinversos.
Os recitais danse cita unha vez ao mes na cidade da Coruña, no Centro Ágora, e neles coexisten as letras dun poeta galego e dun poeta internacional. Este pasado luns celebrouse o correspondente ao mes de maio, co encontro entre Gonzalo Navaza e a poeta rusa Vera Pavlova, demostrando tamén que cando se fala de poesía, non hai barreiras.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30
Para este mércores temos unha convidada moi especial: Yolanda Castaño. Leva moitos anos traballando pola nosa poesía, a cultura e a lingua de maneiras moi diversas. Hoxe queremos conversar con ela sobre a súa labor de xestora cultural detrás do ciclo ‘Poetas di(n)versos’.
E despois teremos a outra convidada excepcional, Fina Calleja, que dirixe a adaptacion de ‘Asemblea xeral’, do dramaturgo Lauro Olmo, para conmemorar o seu centenario.
Un cole con compañía de monicreques propia
Festival Harmatan: a cultura africana chega a Ourense
O Festival Harmatán chega ao Teatro Principal de Ourense con danza, teatro, música e debate na súa segunda edición, a primeira que se celebra en Ourense. Este festival nómada de cultura africana é unha oportunidade única de achegarse a un continente enorme, diverso, multicultural e tamén moderno. Pero que non chega a estar o suficientemente representado e visible en España e Galicia. Un baleiro que trata de encher Harmatán.
Falamos con Olga Mojón, a directora do Teatro Principal de Ourense e unha das coordinadores deste festival, que se celebra tamén estes días en Móstoles e Albacete.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10.30
Hoxe imos ata a cidade de Ourense, pero para trasladarnos culturalmente a África. Chega a segunda edición do Festival Harmatán, con teatro, danza, música e debate, para achegar a cultura deste enorme e diverso continente a Galicia.
Despois, teremos a nosa dose semanal de literatura con Armando Requeixo e o novo libro de Manuel Portas.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- …
- 565
- Seguinte ›