Videos
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe imos ir ata Ourense, e o bo é que o podemos facer de maneira presencial ou virtual, porque temos as dúas opcións para visitar a Bienal de Pintura Joven. A mostra está organizada pola Fundación Cum Laude, para artistas entre 18 e 35 anos, e están xa coa séptima edición.
E despois teremos a Armando Requeixo, que hoxe nos fai falar do novo libro de Diego Giráldez, ‘O meu sangue’.
Néboa preséntannos o seu EP ‘Fósforo’
As voces máis autorizadas do manga reúnense en Pontevedra
Grandes expertos do manga de Asia e Europa están agora mesmo reunidos nun congreso en Pontevedra, O VI Foro Internacional de Creación na Fronteira, que organiza o Grupo DX5 da Universidade de Vigo. Nós temos de convidado a José Andrés Santiago, un dos maiores coñecedores do manga en Galicia.
As aventuras poéticas de Fátima Delgado
Tamara Andrés conversa no mes das letras con Fátima Delgado. A poeta valdeorresa estivo moi implicada coas celebracións arredor de Florencio Delgado Gurriarán, ademais de continuar con outros proxectos.
Accionar o rural a través das mulleres
Ana Abad preséntanos o proxecto ‘Acciona o rural’, do colectivo Fiore di zucca, formado polas actrices e creadoras Celina Fernández Ponte, Ana Fontenla e Andrea Dunia Díaz Casal.
As novas xeracións protagonizan a 13ª edición do (S8)
Rematamos semana na Coruña coa décimo terceira edición do festival S8, a mostra de Cinema Periférico.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- …
- 565
- Seguinte ›