Videos

‘A educación sentimental’, de Flaubert, por fin en galego

A editora Hugin e Munin publica en galego este clásico de Gustave Flaubert co que nace a novela moderna.  Un retrato xeracional a partir da peripecia de Frédéric Moreau, un mozo que chega a París en 1840, e ve frustrarse as ilusións amorosas, políticas e sociais. Coñecemos as claves d´A educación sentimental coa súa tradutora, Isabel Soto. 

Nace en Vigo ‘Banda á feira’

Na fin de semana do 4 e 5 de xuño nace un novo evento de cómic en Galicia: ‘Banda á feira’, unha festa da banda deseñada no barrio vigués do Calvario. Entre os convidados, Anabel Colazo, Carles Dalmau, Mayte Alvarado ou Borja González. Coñecemos esta nova festa da banda deseñada cun dos seus organizadores, Félix Rodríguez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Onte entregáronse na Coruña os premios María Casares. A peza máis premiada foi Cigarreiras de Contraproduccións, pero ata 9 pezas levarón algun galardón. Falamos con eles.

E despois teremos a Montse Pena Presas para falarnos de literatura infantil e xuvenil, hoxe coa súa lectura de ‘Curros and Holmes no misterio do Kapital’ de Marcos Calveiro.

Visitamos a primeira xornada do Portamérica

Comeza a temporada estival de festivais de música co Portamérica, que trae a Caldas de Reis a música de Xoel López, Nathy Peluso, Baiuca ou Rozalén. Conversamos con dani e con Fon Román, dous dos artistas galegos que participan  na primeira xornada do festival.

Pin It on Pinterest