Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Volve o Serán, o encontro galego de cultura popular, 3 anos despois. Esta fin de semana as protagonistas serán as pandeiretas que soarán na Cidade da Cultura para facernos bailar e cantar. Falamos con Quique Peón, coreógrafo, intérprete e investigador, que é o director deste Serán.

E despois virá por aquí Moncho Lemos coas estreas de cine, que traen dinosaurios, gatos e fauna variada.

Contos de aquí e acolá en Pontevedra

Pontevedra acolle ata o bado o encontro internacional de contadores de historias Sete Falares. Conversamos cos organizadores, o grupo Pavís Pavós, e con María da Pontragha, unha das contadoras participantes nestas sesións, que se desenvolven na antiga igrexa de Santa Clara. 

Toponimízate: falar dos nomes da nosa terra

Volve a campaña ‘Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’ da RAG, que este ano percorrerá 17 concellos: Pantón, Sada, Laza, Chandrexa de Queixa, A Fonsagrada, Covelo, Castrelo de Miño, Rodeiro, Fisterra, Ortigueira, Allariz, Oleiros, Ponteareas, Forcarei, Zas, Guntín e O Incio.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe imos falar dunha nova edición da campaña Toponimízate, que desde este mes e ata novembro vai percorrer 17 concellos para difundir os microtopónimos deses lugares e tamén animar á veciñanza a que participe da recollida de nomes coa aplicación Galicia Nomeada. Falaremos deseguida cunha das maiores eminencias neste campo, Antón Santamarina.

E despois teremos no estudio a Roberto Pascual, o noso colaborador de artes escénicas, para falar de ‘Alma de tigre’ de Elefante elegante.

Los Bravú, clásicos e contemporáneos

A salmantina Dea Gómez e o marinense Diego Omil forman o equipo artístico Los Bravú desde hai unha década. Aínda que empezaron traballando no ámbito na banda deseñada, hoxe usan principalmente a pintura figurativa para explorar os temas da contemporaneidade inspirándose nos mitos e a pintura clásica.  Ata o 26 de xuño Los Bravú expoñen na galería Trinta de Santiago a mostra ‘Liminal’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hai moitas formas de achegarnos ao noso pasado e unha delas é a través da arte. Hoxe inaugúrase en Lugo unha mostra de pintura que nos leva directamente á Roma e á Gallaecia do tempo dos grandes emperadores. Falaremos co artista, Alfredo Erias, que ata fai pouco ocupaba o posto de director do Arquivo, Biblioteca e Museo das Mariñas de Betanzos, e que sempre tivo moito interese na pintura histórica.

E despois teremos no estudio a Armando Requeixo coa súa lectura da semana, que é ‘A música das palabras. De lingua e literatura’, unha obra póstuma de Darío Xohán Cabana.

Pin It on Pinterest