Videos

O legado do exilio

O Consello da Cultura Galega organiza as xornadas ‘Legados dende a dislocación‘, dedicadas a reflexionar sobre o exilio desde o presente e proxectándose no futuro. Falamos co coordinador da xornada, Pablo García Martínez, e mais co músico e investigador Samuel Diz, que participa cun concerto dedicado ás músicas do exilio republicano a través das figuras de dous músicos galegos exiliados en México: Bal y Gay e Xesús Dopico. 

Animación galega no festival de Annecy

Conversamos con Alberto Vázquez, que estrea a súa esperadísima longametraxe ‘Unicorn wars’ no festival de Annecy, o principal certame de cine de animación no mundo. Escoitamos tamén Xosé Zapata, un dos coprodutores de ‘Os demos de barro‘, que tamén se proxecta na sección ContreChamp de Annecy.

Cristina Pato debuta na literatura con ‘No día do seu enterro’

No día do enterro do Raposo, chovía de abaixo a arriba. E 20 anos despois, cando as tres fillas, Marica, Comba e Generosa, se reúnen no cemiterio, segue a chover de abaixo a arriba. Pero se cadra dunha maneira distinta.

Coa chuvia de fondo, esta novela preséntanos varias viaxes: unha no tempo, cara o pasado e cara o futuro; outra no espazo, de Ourense a Venezuela e viceversa; e outra máis emocional, a que pasan as tres fillas mentres van descubrindo as múltiple vidas que tivo Ervigio Raposo.

No día do seu enterro é a novela debut de Cristina Pato na editorial Galaxia. E ten algo do seu Ourense, do seu pai e das súas propias viaxes.

 

 

Pin It on Pinterest