Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Martes de literatura, a que nos vai achegar Armando Requeixo, hoxe co novo ensaio de Victorino Pérez Prieto. Pero antes imos a Merza, no concello de Vila de Cruces. Alí comezou o domingo a segunda edición do Galaico Brass Festival, un evento dedicado aos instrumentos de metal, que teñen moita sona e tradición na comarca. Falamos cun dos organizadores, o trompetista Yael Fiuza.

Moncha Fuentes presenta ‘O tradutor de sombras’

Presentamos  ‘O tradutor de sombras’, a segunda novela de Moncha Fuentes na que nos propón mergullarnos nun anaco da nosa historia social e política, así como nos abismos dun tradutor depresivo que se refuxia no alcohol e no traballo para agocharse ou defenderse das pantasmas do seu pasado.


‘O ano do pensamento máxico’: unha radiografía do dó

A escritora e xornalista californiana Joan Didion viviuno todo, desde eses hippies anos 60 nos que soaban The Doors; e escribiuno todo. É unha voz imprescindible para coñecer e enterder a historia contemporanea dos Estados Unidos. Pero hoxe non falamos das súas crónicas de Hollywood, das electorais ou das que a levaron polo mundo, senón dun libro que escribiu no 2004, logo de perder en cuestións de meses ao seu marido John e á súa filla Quintana.

‘O ano do pensamento máxico’ é unha disección da perda, do dó, da morte e da vida, que podemos ler en galego na editorial Rinoceronte. Falamos coa súa tradutora, Eva Almazán.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Estamos a xoves, así que toca convidar a Moncho Lemos para que nos fale das máis esperadas estreas de cine, pero antes imos conversar coa tradutora Eva Almazán sobre ‘O ano do pensamento máxico’, o recoñecidísimo libro de Joan Didion, que por fin podemos ler en galego.

Disidentes e visibles, unha historia diversa de Galicia

Neste 28 de xuño, dia internacional polos dereitos das persoas lgtbi+, falamos con dúas persoas disidentes e visibles: Daniela Ferrandez, autora de ‘A defunción dos sexos’ (Xerais), e Eva Mejuto, autora de ‘A memoria diversa’.

Pin It on Pinterest