Videos

A Fundación Rosalía de Castro organiza a 10ª edición da “Inchadiña Branca Vela”

A Fundación Rosalía de Castro organiza este sábado 16 de xullo a décima edición da “Inchadiña Branca Vela” e, este domingo 17, a cuarta edición do festival “Abride a Fiestra”. Conversamos con Anxo Angueira, presidente da Fundación.

O gran arquivo fotográfico de Raniero Fernández

O Centro Galego de Arte Contemporánea recupera o arquivo do fotógrafo vigués Raniero Fernández, nunha mostra que pasa precisamente pola importancia da arquivística, do catálogo, para achegarse desde unha óptica contemporánea a traballos como o de Raniero dos anos 60 e doutros moitos fotógrafos afeccionados.

Os comisarios da mostra son dous grandes coñecedores do traballo deste fotógrafo, do que xa teñen publicado un libro. Xosé Luis Suarez Canal e Manuel Sendón.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Achegámonos á fin de semana, e xa sabemos que un dos mellores refuxios contra as altas temperaturas son as salas de cine. Hoxe teremos por aquí a Moncho Lemos para comentar as estreas, que veñen especialmente frescas, película de Nadal incluída. Pero antes, unha mostra fotográfica arredor do arquivo do vigués Raniero Fernandez, que se inaugura esta tarde no CGAC de Compostela.

“Goldaxe”, o último disco do grupo Brañas Folk

Falamos de “Goldaxe”, o último disco do grupo Brañas Folk, da man de Manuel Brañas, un dos integrantes da banda.

Tatán, unha vida de titiriteiro, recoñecida na MIT

A 38ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia comeza este venres 15 coa homenaxe a Eduardo Rodríguez Cunha, ‘Tatán’, que recibirá o premio de honra ‘Roberto Vidal Bolaño’. 

Desde a MIT din que Tatán é algo máis que un titiriteiro. Podemos dicir tamén que ser titiriteiro é case coma ser un mago; é quen se dedica a darlle vida a obxectos en apariencia inanimados. Nas súas mans, os monicreques son quen de pensar, emocionarse, escachar coa risa, tocar un instrumento, andar en bicicleta, levantar pesas ou calquera cousa que poidamos imaxinar. 

Iso leva facendo ‘Tatán’ durante máis de 40 anos, de maneira individual ou coa compañía Tanxarina, que fundou nos anos 80. Unha traxectoria teatral na que hai que recoñecerlle tamén o seu importante papel na profesionalización do oficio e no recoñecemento do teatro de monicreques en Galicia.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O noso colaborador de hoxe, Roberto Pascual, é ademais o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, polo que hoxe nos acompañará para falarmos da trixésimo oitava edición, que comeza este venres. O punto de partida da MIT será a entrega do premio de honra Roberto Vidal Bolaño, que este ano recibirá Eduardo Cunha, ‘Tatán’. Con el comezamos esta media hora de cultura e de teatro.

Arrinca o festival Peregrinos Musicais

Arrinca o festival Peregrinos Musicais en Santiago. Conversamos sobre isto con Ilona Timchenko, directora do festival, Pol Cabrera, saxofonista, e Álvaro Lozano, cellista. 

Pin It on Pinterest