Videos
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
As artes e a cultura axúdannos de moitas maneiras a descifrar o mundo e descubrilo desde todas as perspectivas posibles. Neste Diario Cultural imos comprobalo, por exemplo, coa lectura de Armando Requeixo. Hoxe proponnos o título ‘Lua Nova’ de Irene Montero, unha historia de visibilidade e inclusión a través das teclas dun piano. Pero tamén temos unha descuberta das artes no noso tema principal: un grupo de alumnado da Universidade de Vigo, que sacaron adiante un videoxogo, ‘Retorno Arnoia’.
Xosé A. Neira Cruz presenta “Por mor de cinco pizzas aos catro queixos”
Presentamos ‘Por mor de cinco pizzas aos catro queixos’, a nova novela de Xosé A. Neira Cruz, gañadora do Premio Carlos Mosteiro 2021. Este é un relato dirixido cara un público infantil. Unha obra ca que os cativos se divertirán. Piero, un ratón, desparece mentres come a última das cinco pizzas que apostara manducar de golpe. ¿Onde estará?
Poesía, filosofía e intriga nos premios Xerais
Esta fin de semana soubemos os gañadores dos premios Xerais, dos máis prestixiosos no noso sistema literario, que premian obras e autores de literatura infantil, xuvenil e para adultos.
O premio Merlin de literatura infantil foi para Anxo Iglesias por ‘Unha nova dimensión’. O premio Jules Verne de literatura xuvenil para Rocío Leira por ‘Cicuta para dous’; e María Solar é a gañadora do premio Xerais de novela por ‘A culpa’.
No Diario Cultural falamos con todos eles para que nos fagan un avance das súas obras, que poderemos ler publicadas no mes de novembro.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Comezamos semana coñecendo as obras gañadoras dos premios Xerais: Anxo Iglesias (premio Merlín) con ‘Unha nova dimensión’; Rocio Leira (premio Jules Verne) con ‘Cicuta para dous’; e María Solar (premio Xerais de novela) con ‘A culpa’. Pola súa banda, Alba Cid comenta hoxe o novo poemario de Yolanda Castaño, ‘Materia’.
Fin de semana de festivais en Galicia: Morriña Fest, O Mar nunha flor, CoraSóns, Courel Son 2022 e Verbena Fest
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe falamos do sector do libro galego, que reclama máis diálogo ao Consello Asesor do Libro, e por iso hoxe as cinco principais asociacións non acudirán á xuntanza prevista, en forma de protesta. Pero comezamos o programa recuperando unha das obras da tempada nas artes escénicas, ‘Inloca’ de Matarile teatro. O domingo será o únco pase na nosa comunidade. Falamos con Ana Vallés sobre este e outros proxectos de Matarile.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- …
- 565
- Seguinte ›