Diario Cultural das 10:30
Diario Cultural das 10:30
Diario Cultural das 10:30
Diario Cultural das 19:45 horas
O Fanzine Fest leva música electrónica de vangarda e artes visuais a diferentes espazos da Coruña durante esta semana. Do Planetario á fundación Luís Seoane, da Domus á sala O Túnel. Conversamos con Pablo Cubeiro, un dos directores do Fanzine Fest, e con Óscar Domínguez, membro do colectivo MOM, un grupo artístico coruñés que propón este mércores unha instalación sensorial interactiva na igrexa das Capuchiñas.
Diario Cultural das 17:30
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié buscan a Palabra do Ano 2023! As suxestións do público a través do Portal das Palabras recolleranse ata o domingo 10 de decembro ás 23:59 horas para posteriormente someterse a votación popular do 12 ao 25 deste mesmo mes.
Álvaro Martínez Leiro, cesteiro de Pazos de Borbén, é candidato ó Premio Nacional de Artesanía e a cesteira Julia de la Cal, co obradoiro La Parabólica de Porriño, está nomeada na categoría de Emprendemento.
Diario Cultural das 10:30
Programa especial monográfico desde Culturgal, a feira das culturas galegas. Conversamos coa música Helena Egea, coas ilustradoras María Montes e Andrea García Martínez, a presidenta da Fundación Moldes, May Martín e algúns dos expositores desta décimo sexta edición da feira. Tempo tamén para os videoxogos con Luz Castro e para a literatura infantil con Eva Mejuto.
Teatro do Noroeste estrea esta finde “As damas de Ferrol” no Teatro Jofre ferrolán. Trátase dunha nova versión dirixida por Clara Gayo a partir do texto orixinal de Eduardo Alonso.