Videos

O Sereo de Francisco-Leiro

Rosario Samiento comeza o seu repaso estival por intervencións artísticas ao aire libre con esta escultura emblemática situada na Porta do Sol de Vigo, o Sereo creado por Francisco Leiro. 

Zoom sobre a realidade nos relatos de Ramón D.Veiga

Zoom é unha colección de dez relatos inspirados noutras tantas imaxes de fotógrafos galegos contemporéneas. É a primeira incursión na literatura para público adulto de Ramón D. Veiga, que asinará exemplares este mércores na feira do libro da Coruña. 

Un cairn na Pobra do Brollón?

Sobre o alto do monte Moncai, na Pobra do Brollón, divisamos o val de Lemos desde un lugar privilexiado. Estamos a carón dun curioso sitio arqueolóxico que alí coñecen como A Muradella, e que sempre sospeitaron que podería ser algún tipo de fortificación medieval. Foron precisamente os veciños, a Asociación de Cereixa ‘María Castaña’, da que forma parte o arqueólogo Xurxo Ayán, a que impulsou os traballos.

Así chegou ata o lugar un equipo da Universidade Complutense de Madrid, liderado polo arqueólogo Rodrigo Paulos. Logo de varias semanas de traballos na zona, sitúannos agora moito tempo antes, na prehistoria. Podería tratarse dun cairn, un monumento funerario moi coñecido na Europa Atlántica, pero ata agora ausente na Península Ibérica. Unha descuberta que esperta aínda moitas máis preguntas.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos dúas viaxes no tempo moi diferentes. Alba Cid proponnos percorrer as fronteiras entre o século XX e o XXI con dúas lecturas poéticas, ‘Sonoridade das auras’ e a Revista Pantano. Pero todas as viaxes no tempo deberían comezar o máis atrás posible. Por exemplo, na prehistoria. Ata alí iremos desde a Pobra do Brollón coa axuda de dous arqueólogos que descubriron o que podería ser o primeiro cairn da Península Ibérica.

O festival Asnot converte Padrón nun escenario teatral

Dende mañá venres ata o domingo celébrase en Padrón o Festival Asnot. Un evento que recrea dunha forma divertida, respectuosa, elegante e moi visual o ambiente das carreiras de cabalos inglesas.

Conversamos con Antonio Pérez, de Asnot Asociación Cultural, sobre este festival. 

 

Un ‘Diluvio’ de autocoidado, empoderamento e aceptación de Tanxugueiras

Tanxugueiras preséntanse no seu novo disco cunha treboada. Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro publican ‘Diluvio’, música contra os discursos de odio, contra as envexas e as culpas. 10 cancións que chaman “aprendizaxes capitais”, algunhas novas e outras vellas coñecidas, que todas cantamos a pulmón nos seus concertos. 

Olaia Maneiro parou esta mañá nos micros do Diario Cultural, aínda cos nervios e a emoción, para compartir as súas impresións con nós. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Mulleres de todas as disciplinas protagonizan o programa de hoxe. Desde Montse Pena Presas, que nos falará de Planeta Bugallo, o libro que asinan Raquel Castro e Blanca Millán; ata as Tanxugueiras. Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro estrean disco, o seu agardadísimo ‘Diluvio’, e hoxe témolas aquí.

8ª edición do Festival Hércules Brass

Celanova acollerá por oitavo ano consecutivo o Festival Hércules Brass. Este é un evento que conxuga unha vocación didáctiva e un afán divulgativo. Do 1 ó 5 de agosto, pasarán polo seu escenario maestros e maestras da trompeta, do trombón, da trompa, da tuba e diferentes intérpretes destes instrumentos de vento-metal. 

No Diario Cultural quixemos conversar con Rodrigo Rodríguez, organizador do festival. 

Pin It on Pinterest