Videos
O que hai detrás dunha fotografía
Vituco Neira acompaña a Roberto, fotógrafo afeccionado, pola rúa de San Pedro de Compostela, cámara en man. Con el aprendemos a mirar a cidade doutro xeito, pero as fotos son unha excusa para falar de moitas outras cousas.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe temos colaboración de cine de Moncho Lemos, que nos recomendará un par de películas. Pero antes imos coñecer a Roberto, un fotógrafo afeccionado que vive en Compostela, que sae sempre a pasear coa súa cámara buscando inmortalizar a cidade e a súa xente.
25 anos de Viñetas
Repasamos con Carlos Portela a programación de Viñetas desde o Atlántico. O Salón do Cómic da Coruña celebra a súa vixésimo quinta edición entre o 8 e o 14 agosto.
Asulagadas, poemas contra o esquecemento
O poemario Asulagadas recolle 101 poemas de Suso Díaz en memoria de Aceredo, Buscalque, O Vao e Reloeira, catro aldeas anegadas en 1992 polo encoro de Lindoso. O libro está publicado por Edicións Positivas e preséntase este sábado na aldea de Aceredo.
Poetas galegos camiño Soria
Poetas galegos camiño Soria
Volve o Festival de Pardiñas
Gustavo Couto repasa na súa colaboración o programa do Festival de Pardiñas, que se celebra en Guitiriz entre o 5 e o 7 de agosto, e no que actuarán Comando Curuxás, Ultreia e Carapaus, entre outros grupos
Unha BD para viaxar no tempo
A moañesa Ángela Curro publica o seu primeiro cómic longo: Baixo o pantano, unha historia sobre viaxesno tempo que se alimenta de ciencia ficción e de thriller e que publica Demo Editorial.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- …
- 565
- Seguinte ›