Videos

Exposición do grupo Bacabú

Ata o 4 de setembro pode visitarse na casa museo Casares Quiroga da Coruña a última exposición do grupo Bacabú, formado polos artistas lugueses Quique Bordell, Santiago Catalán, Jorge Espiral, Xermán Refojo e Honorio. Conversamos coa comisaria da mostra, Cristina Carballedo.

Natalia Ginzburg, por fin en galego

Natalia Ginzburg é un dos nomes máis relevantes da literatura italiana do século XX. ‘Léxico familiar’, publicada en galego por Laiovento, traza a historia da súa familia a través das palabras, retrousos e brincadeiras compartidos, en paralelo ao ascenso do fascismo en Italia. Conversamos sobre esta obra coa súa tradutora á nosa lingua, María Alonso Seisdedos. 

Manuel Seixas publica ‘O estraño karaoke do home bata’

Manuel Seixas publica ‘O estraño karaoke do home bata’

[10:30:00] Luísa Villalta, Nosa Señora das Letras

A poeta e música Luísa Villalta, finada en 2004, é a protagonista da romaría das Galegas nas Letras, unha celebración creada hai 9 anos pola plataforma de crítica literaria feminista A Sega. A celebración quere homenaxear mulleres sobranceiras da nosa cultura e visibilizar as escritoras galegas. 

Novena edición do festival Bal y Gay

Do 12 ao 24 de agosto o festival Bal y Gay ofrece trece concertos en diferentes vilas da Mariña luguesa. A Real Filharmonía abre o fesival, que pechará a Orquestra Sinfónica de Galicia. Será a edición máis internacional, con nomes como a pianista Elisabeth Leonskaja ou o Armida Quartett,
pero tamén haberá nomes galegos e españois como o Cuarteto Quiroga, Caamaño & Ameixeiras o Skyrion.

Pin It on Pinterest