Videos
Furafollas, de Barcelona a Córgomo
Unha ponte internacional ocupada por pianos dá comezo ao IKFEM
Unha noite de verán de 2017, a ponte internacional entre Tui e Valença pechou ao tráfico para abrir á musica. A organización do festival IKFEM levaba ata ese espazo en suspensión sobre o rio Miño a un grupo de pianistas, ofrecendo un concerto en simultaneo. É unha das imaxes que mellor representan a razón de ser do IKFEM, o festival internacional de intrumentos de teclado: ser ponte musical entre países.
Agora, en 2022, 5 anos despois, repiten experiencia. Hoxe a ponte internacional está pechada e encherase de música, literalmente: 10 pianos ocuparán todo o longo da ponte. Tocando, estarán 20 pianistas: galegos, portugueses, españoles e unha ucraína, Marta Bachek.
Falamos coa súa directora, a pianista Andrea González, deste festival que encherá de música a eurocidade do 19 ao 26 de agosto con concertos gratuitos.
Podcas ‘Diario Cultural’ das 10:30
Ciencia e literatura da man de Estibaliz Espinosa, que sempre nos sorprende coas súas propostas. E música. Falamos coa pianista Andrea Gonzalez, que dirixe o festival IKFEM da eurocidade Tui – Valença do Minho. Comeza hoxe a 10ª edición cun concerto de 20 pianistas na Ponte Internacional.
O pandeiro de Concha do Canizo
Aprender Na Utopía, algo moi posible
Coñecemos Na Utopía, o universo da aprendizaxe online en galego que creou Lorena García Álvarez. Se entramos en Na Utopía agora mesmo poderemos atopar 5 obradoiros: de pandeireta, de fotografía, de edición de son, de crochet e de falar en público. Unha comunidade que irá medrando pouco a pouco e que ten o propósito de facernos aprender todo tipo de cousas de maneira hábil, online e en galego; ao mesmo tempo que coñecemos a moitos creadores do país.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- …
- 565
- Seguinte ›