Videos

A Loba Branca ouvea en galego no Festival delle Nazioni

A lenda da loba branca do Courel cóntanos que nunha aldea da montaña unha manada de lobos tiña por xefa a esta gran loba. Pero houbo unha batida de cazadores e matárona. Os lobos comezaron entón a ouvear nas portas dos veciños cada noite. Ninguén sabía que ocorría, ata que unha muller, da que se dicía que era meiga, advertiu que o que os lobos querían era a pel da súa xefa. Os cazadores deixárona nun claro do bosque, iluminado pola lúa, e os lobos non volveron á aldea.

É unha lenda recollida en diferentes formas, e por diferentes persoas, Vicente Risco entre elas; que sirve de argumento á primeira ópera do pianista e compositor vigués Brais González. Este domingo, terá a súa estrea en galego e italiano no Festival delle Nazione de Città di Castello.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Ademais da sesión de cine que nos ten preparada Moncho Lemos, quixemos ter con nós ao compositor e pianista Brais González. O vigués está ás portas de estrear en Italia a súa primeira ópera, ‘Loba Branca’, baseada nunha lenda da serra do Courel.

Cultura desde O Corgo

Falamos co antropólogo Lois Ladra, técnico responsable do proxecto Corgoral, do concello do Corgo. Unha iniciativa que en 2021 comezou a recoller o patrimonio inmaterial da veciñanza e que neste ano incorporou unha programación cultural estable e un punto de atención á lectura. 

Folk no Alobre e Romaría de Santa Margarida

Gustavo Couto lévanos esta semana a dúas romarías con moita música de raíz:
o Folk no Alobre, en Vilagarcía de Arousa, e mais a Romaría de Santa Margarida 
na Coruña.

‘Isto é rock’, 25 cancións clásicas contadas á rapazada

O xornalista Javier Becerra publica ‘Isto é rock’, un libro no que achega a historia do rock
a nenos e nenas a través de 25 cancións clásicas. De Jerry Lee Lewis a Amy Winehouse, 
pasando por Janis Joplin, The Rolling Stones, AC/DC ou Queen. ‘Isto é rock’ ten ilustracións
de Catuxa Alonso e publícao Hércules de Ediciones

Ruth Matilda Anderson e o traxe galego: un camiño desde a tradición á modernidade

Na década dos anos 20 do século pasado a fotógrafa e investigadora estadounidense Ruth Matilda Anderson chegou a Galicia como enviada da Hispanic Society of America. A súa misión era retratar as vestimentas tradicionais, as empregadas para traballar e as dos días de festa. Hoxe, as súas imaxes representan unha fonte importantísima de información da forma de vida da Galicia rural e urbana daquel tempo.

Imos ata o Museo de Pontevedra, porque alí pódese ver ata o 16 de outubro a mostra ‘Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia’, que reúne as fotografías de Anderson cos traxes recuperados e contextualizados pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas. Na mostra podemos observar os anos nos que Galicia transicionaba entre a tradición e a modernidade, prestando especial atención ao traxe feminino.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Imos coñecer un pouco mellor o noso país a través dos topónimos que nos trae cada martes de verán o noso colaborador Vicente Feijoo. Pero antes, facemos un percorrido pola moda, desde o traxe tradicional ata o máis artístico.

Pin It on Pinterest