Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Despedimos o mes de agosto con danza en Lugo acompañadas da colaboradora Rut Balvís. Estaremos con Pablo Novoa no Barbeira Season Fest de Baiona. E comezamos conversando con Natalia Mosquera, editora de La Cúpula.

Festiletras e O Son do Pazo

Gustavo Couto debulla o programa do Festiletras, que fai 40 anos na aldea do Couto de Ponteceso, e d´O Son do Pazo, en Mos. 

XII Encontro de Artistas Novos

Conversamos co director e con dous dos creadores que participan na duodécima edición do Encontro de Artistas Novos, un espazo de encontro no que poden dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea. 

‘Passing Place’, o pouso dos lugares de paso

Passing Place é un lugar de paso. E todos os lugares poderían ser de paso, se non fose porque nalgúns decidimos quedar e convertilos en fogares. Adolfo Fernández Piñeiro fixo unha viaxe ás Terras Altas escocesas, tomou fotografías e chamoulle ao resultado ‘Passing Place’. Pero como ademais de fotógrafo é poeta, sabemos que para el non foi só un lugar de paso. Na súa crónica fálanos de familia, dunha terra fría que o acolleu, de compartir tempo cos demais.

Agora comparte o seu tempo en Escocia con todos os que queiran achegarse a el a través deste libro, Passing Place. Fotografías en analóxico para un libro en papel que se pode mercar, e do que atopamos máis información na Plataforma da Regueifa 2.0. Un lugar que coñeciamos como acubillo principalmente de música dixital, pero que agora se abre tamén á fotografía, con este primeiro libro da colección.

 

 

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Imos descubrir a nova colección de fotografía da plataforma A Regueifa 2.0, que nace co libro ‘Passing Place’ do fotógrafo de Celanova Adolfo Fernandez Piñeiro. Unha crónica visual a partir dunha viaxe ás Terras Altas de Escocia. E despois conversaremos con Alba Cid sobre Europa a través da poesía.

Os Xogos Florais de Antolín Faraldo

 

Betanzos acolle esta fin de semana a segunda edición dos Xogos Florais, inspirados este ano
pola figura de Antolín Faraldo, de cuxo nacemento farán dous séculos o 2 de setembro. Recordamos unha das figuras esenciais da revolución galega de 1846 en conversa con Xurxo Martínez González, autor de ‘Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento’. 

 

Pin It on Pinterest