Videos
Lost and Found comeza con Márta Mészáros a súa procura das películas esquecidas
A cineasta húngara Márta Mészáros gañou nos últimos anos do século XX todos os premios de cine que podía gañar: o Oso de Ouro da Berlinale en 1975, o premio da crítica internacional en Cannes, Cuncha de Prata en Donostia e un premio a toda a súa carreira concedido pola Academia do Cine Europeo o ano pasado. Malia todos os éxitos e películas que fixo naquel tempo, hoxe é unha directora esquecida. Como é posible?
Iso se preguntou tamén o xornalista e crítico Víctor Paz, cofundador da revista ‘A cuarta parede’, que agora dirixe a distribuidora Lost and Found. Está especializada en cine clásico restaurado de autores que, como Mészáros, hoxe en día pasan desapercibidos nos circuitos habituais da distribución.
A través del, poderemos ver na sala Numax de Santiago durante o mes de setembro diversas películas desta directora, comezando mañá polo filme que a levou a ser a primeira muller en gañar o Oso de Ouro, ‘Adopción’.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Escoitamos con Emilio Españadero os proxectos gañadores do certame Runas deste pasado Festival de Ortigueira. Pero antes coñecemos o cine de Márta Mészáros, protagonista dun ciclo na sala Numax promovido pola distribuidora Lost and Found.
Festivais con denominación de orixe
Días de rodaxe en San Sadurniño
Séptima edición do Chanfaina Lab de San Sadurniño, que leva no nome a ese prato típico da zona, elaborado a partir de aproveitar todo o que se poida do porco. A súa orixe está nos tempos dos señorios, cando os labregos tiñan que entregar as mellores partes do animal ao seu señor e eles quedaban co resto.
O Chanfaina Lab non vén de tan atrás: son sete anos como laboratorio de cinema coa veciñanza como directoras, protagonistas, productores, cámaras e en todas las labores posibles para rematar estes catro días de encontro con unha película rematada.
Para Manolo Gónzalez, sub-chef encargado desta chanfaina, o máis importante é ver a unión entre profesionais, afeccionados e iniciados no cine.
Logo destes días de gravación, teñen por diante 5 meses para dar coa peza final. Poderemos velas o 14 de febreiro.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Iniciamos setembro con cine en compañía de Moncho Lemos: falaranos das estreas máis interesantes, que pasan por moito cine español e polas Olimpíadas de Barcelona.
E comezamos en San Sadurniño, coa xa tradicional cita co audiovisual que teñen neste concello, onde hoxe comeza a séptima edición do Chanfaina Lab.
Corenta anos de Festiletras
Natalia Mosquera, editora todoterreo desde La Cúpula
En 1979 nacía en Barcelona ediciones La Cúpula, unha editorial especializada en comic, vencellada á revista El Víbora, e fundada por Josep Maria Berenguer. Desde o seu nacemento, La Cúpula foi emblema do cómic underground e alternativo que chegaba de América, Europa e tamén sinaturas españolas. Sempre buscando a diferenza, aos autores máis atrevidos, como Peter Bagge, Chester Brown ou Ralf König.
Hoxe, máis de corenta anos despois, segue a ser referencia nesa diferenza, acubillando cada vez máis autoras e abríndose a un novo lectorado. En parte, polo traballo da súa editora, a pontevedresa Natalia Mosquera.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- …
- 565
- Seguinte ›