Videos

‘O mundo e outras vésperas’, cando Cunqueiro comezaba a ser Cunqueiro

‘O mundo e outras vésperas’ é o novo libro que a editorial Galaxia inclúe na súa Biblioteca Álvaro Cunqueiro, unha recompilación de artigos que o autor de Mondoñedo escribiu para o xornal vigués ‘El Pueblo Gallego entre 1932 e 1936. Un libro que edita Armando Requeixo.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Temos de convidado a Armando Requeixo, editor de ‘O mundo e outras vésperas’, unha coleccion de artigos de Álvaro Cunqueiro en Galaxia. E despois poñédevos cómodos, que imos con sesión de cine con Moncho Lemos.

Primeiras proxeccións de ‘O corpo aberto’, de Ángeles Huerta

Andrea Villa avánzanos máis detalles da nova longametraxe de Ángeles Huerta, un western gótico na raia con Portugal protagonizado por Tamar Novas, María Vázquez, Federico Pérez Rey e Victoria Guerra.

‘Do final e do comezo’, así mira o mundo a última promoción de Belas Artes

Coñecemos a Andrea Vázquez e Rubén Mascato, dous dos artistas participantes na exposición ‘Do final e do comezo’, que recolle pezas de 26
artistas da última promoción graduada na facultade de Belas Artes de Pontevedra. A mostra pode verse no Pazo da Cultura de Pontevedra
ata o 30 de outubro e dispón de visitas guiadas cada venres.

As residencias literarias, unha visión romántica da escrita?

O exercicio de escribir sempre foi un acto case mítico para os que non somos escritores. Temos esa imaxe da persoa pechada na súa habitación, en silencio e soidade, escribindo. Ou paseando, buscando inspiración no movemento, nas paisaxes. Seguramente sexa todo moito máis terreal, pero as películas contribúen a esa imaxe. E ao mellor non é de todo falsa.

Neste Diario Cultural falamos con Ana Cabaleiro (‘Deixádenos remar’, Xerais) e Cándido Paniagua (’48 horas’, Xerais), dous escritores que no mes de agosto estiveron en Xerusalén e Turquía respectivamente grazas a unhas residencias literarias. Como inflúe esta experiencia no libro final?

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe estreamos colaboración neste Diario das 10:30. Estaremos falando de videoxogos con Luz Castro, profesora da Universidade da Coruña. Pero antes imos descubrir que é iso das residencias literarias con Ana Cabaleiro e Cándido Paniagua.

Menchu Lamas chega a Apertura Madrid

Falamos con Mónica Maneira de Apertura, o evento que inaugura a temporada expositiva das galerías de arte de Madrid. Unha cita indispensable no panorama da arte en España que está aberto ao público xeral e ao que acoden tamén coleccionistas e profesionais da arte, directores de museo, comisarios de exposicións, críticos de arte, artistas… Este ano a presenza galega estivo asegurada na Galería Marta Cervera que abriu a temporada cunha exposición de Menchu Lamas, unha das nosas pintoras máis importantes e recoñecidas dende os anos oitenta.

 

 

Cultura para todos: o teatro amador

 

Escoitamos as experiencias de tres entusiastas do teatro afeccionado: Cristina Andreetti, do grupo compostelán Cavort Teatro, Pepín Prada, do grupo Tiruleque do Carballiño e mais Chelo Pampillón, integrante do grupo vigués Atrezo e presidenta de FEGATEA, a Federación Galega de Teatro Afeccionado. 

 

Pin It on Pinterest