Videos
Unha guía de Europa para turistas lingüísticos
Unha guía de Europa para turistas lingüísticos. Iso se propón ser ‘Lingo’ (Rinoceronte), o libro do nerlandés Gaston Dorren. E nese camiño por Europa podemos chegar a coñecer desde as linguas e as historias máis curiosas e descoñecidas sobre o córnico ou o saami. Linguas que non sabías que existían: o gagauzo, o manx ou o normando do canal. E historias sobre o galego e o castelán nas que ao mellor non pensaramos antes.
Repasamos todas estas anécdotas lingüísticas con Moisés Barcia, tradutor ao galego de ‘Lingo’.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Comezamos cun percorrido por Europa a través das súas linguas co tradutor Moisés Barcia. E seguiremos con música, coas pezas escollidas por Emilio Españadero.
O menú do día de Diego Chamizo
Ana Abad achéganos neste Diario Cultural Zeta á dramaturxia de Diego Chamizo.
O Caudal Fest, “a última festa do verán”
Abe Rábade en simbiose coa música e as plantas
Abe Rábade visita o estudio do Diario Cultural para presentar o seu novo disco, ‘Botánica’. Se cadra o mellor lugar para facer esta entrevista sería no medio dun souto ou dunha carballeira. Neses lugares que Rábade describe como “máxicos e inspiradores”. En ‘Botánica’ as plantas son as protagonistas, xunto coa mestura musical do jazz e a música tradicional (personalizada en Davide Salvado e a súa pandeireta).
Un disco que xa se pode mercar, e que presentará en directo o sábado 24 ás 12h no Teatro Principal de Santiago.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Convidamos ao pianista compostelán de jazz Abe Rábade para escoitar con el o seu novo disco, Botánica.
E despois seguimos cun programa moi musical, porque o colaborador Afonso Becerra comentaranos a ópera ‘Papagena’ da compañía ButacaZero.
A nova Lei Audiovisual, a debate
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- …
- 565
- Seguinte ›