A cocteleira atlántica do festival Maré
Ata o domingo 25 de setembro o festival Maré reúne en Santiago músicos do Brasil, India, Arxentina, o Sahara… e de Galicia. Nomes como Chico César, Pongo, Abe Rábade, Dios ke te Crew, Ugia Pedreira, Guadi Galego actúan en diferentes espazos da cidade.
Vituco Neira debulla a programación do festival con Valeria Pereiras e conversa coa artista Catuxa Salom e con Peter Brea de Tropico de Grelos.