Videos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 20:45

Edicións Laiovento publica en galego a obra de Robert Walser ‘O Paseo’, unha tradución de Laureano Araujo. 

Así nacen as ilustracións de Xosé Tomás

 

Visitamos o estudio do ilustrador Xosé Tomás, que acabar de publicar unha nova entrega da súa serie Animalia. En ‘Animalia 4. Gris‘ os protagonistas son os animais cos que convivimos nos hábitats urbanos. 

 

 

Nace o colectivo fotográfico OLLO

Un grupo de fotoxornalistas galegos acaban de unirse baixo o nome de colectivo Ollo Photo para contar Galicia a través de imaxes. Son Óscar Corral, Paula Quiroga, Vanessa Casteleiro, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Óscar Pinal e Adra Pallón. Pero tamén xestores culturais como Sara García e Daniel Lázare e unha editora, Sabela Eiriz. Todo para contar historias a través da imaxe e chegar máis alá dos medios tradicionais. 

Xa se estrearon cunha reportaxe sobre os lumes na Revista 5W, e proximamente veremos máis pezas nos medios asinadas polo Colectivo Ollo Photo.

 

 

 

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Temos programa musical coa axuda de Emilio Españadero de Lume na Palleira, que nos vai traer en primicia o novo tema de DeNinghures. Pero antes falamos de fotografía e celebramos o nacemento do colectivo Ollo Foto.

Comeza o ‘Desembarco Chévere’

Chévere fai 35 anos e celébrao este outono cun ‘desembarco’ que inclúe actuacións, exposicións e libros sobre a historia da compañía, premio Nacional de teatro en 2014. As celebracións comezan no Liceo de Noia, con dúas Ultranoites, o cabaré satírico sobre a actualidade que Chévere recuperan tras catro anos de ausencia. Conversamos con tres dos integrantes da compañía, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Miguel de Lira. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Programa de artes escénicas coa colaboración de Afonso Becerra; e de cine, hoxe comeza o Ourense Film Festival coa nova película de Ángel de la Cruz, ‘O home e o can’.

Un percorrido polos cen anos de edición moderna en Galicia

A Asociación Galega de Editoras organiza o XIX Simposio O libro e a lectura, que este ano fai un percorrido pola historia da edición moderna en Galicia. Henrique Alvarellos, presidente da entidade, fálanos do evento, e Encarna Otero, dános un par de pinceladas máis acerca de figuras como Ánxel Casal ou María Miramontes.

Pin It on Pinterest