Videos

Vaia vaia en Lugo

Sara Donoso conversa con Pía Conde e Helena Rodríguez sobre a terceira edición de Vaia Vaia, o encontro de fanzines e autoedición que tivo lugar o 24 e 25 de setembro en Lugo.

Unha década fotografando os incendios

O fotógrafo avilés que viviu e traballou en Galicia nos anos da xeración Nós, Luis Casado, pon nome aos premios de creación fotográfica que promove a Deputación da Coruña cada ano, comisariados por Xurxo Lobato. Os actos desta 16ª edición comezaron en Santiago coa presentación de ‘Lume’, a serie gañadora.

Detrás da cámara, o fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo. Un fotógrafo comprometido coa terra, coa xente e co oficio, que leva máis de 10 anos retratando os incendios da provincia de Ourense. As súas imaxes poderanse ver ata o 6 de novembro no Museo do Pobo Galego, e logo en itinerancia por outras vilas e cidades de Galicia.

As actividades do Premio Ksado pasan tamén por Muros, cun recordo aos fotógrafos Juan Malvárez e Perpetua Malvárez, pai e filla. E o resto da semana pola Coruña, onde estarán impartindo dúas clases maxistrais o fotoxornalista, premio Pulitzer, Emilio Morenatti, e a editora da Axencia Europea de Prensa, Maria Mann.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Estamos na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, onde se presentan as fotografías gañadoras desta edición do Premio Ksado, con Xurxo Lobato e Brais Lorenzo. E despois quedamos con Emilio Españadero, que nos trae moita música de raiz.

Moito teatro por metro cadrado

Ana Abad lévanos ata o FIOT de Carballo co certame Metro Cadrado. O 29 de outubro poderemos ver alí a primeira peza de Cacharela Teatro, a compañía formada por Irene Lorenzo e Alba Nogueira. Na súa obra de estrea, ‘Actriz, chora’, tratan temas comprometidos, como a precariedade ou a desigualdade de xénero.

Músicas de Galicia e Portugal no MUMI

Visitamos a terceira edición de ‘Músicas no Miño’, o encontro profesional de músicos de Galiza e Portugal que se desenvolve ata o bado entre Valença e Tui, co obxectivo de crear unha ponte estable entre o sector musical dos dous países. Conversamos con Ánxela Vila, da organización do MUMI, co pianista galego de jazz Xan Campos e co grupo pop portugués Birds are Indie. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Estamos está mañá en Vigo, onde estes días debaten sobre a relación entre videoxogos e literatura, no marco dunhas xornadas organizadas pola Fundación Carlos Casares. Logo cruzaremos a raia co noso colaborador de teatro Afonso Becerra, que nos vai levar ata Gimaraes.

Segunda edición dos Premios Mulleres no Foco

A iniciativa recoñece o traballo das profesionais galegas no audiovisual co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais

Pin It on Pinterest